Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Xoves, 01 de xuño de 1995 Páx. 4.046

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

CORRECCIÓN de erros.-Orde do 17 de marzo de 1995 pola que se recoñece de interese galego e se ordena a inscrición no Rexistro de Interese Galego da Fundación Paz e Solidariedade.

Advertidos erros na devandita orde publicada no DOG nº 83, do 2 de maio de 1995, cómpre face-las oportunas correccións:

-Na páxina 3.152, no preámbulo da orde, na súa liña catro, onde di: «... quen ten o seu domicilio social», debe dicir: «... que ten o seu domicilio social». No feito segundo aparecen os seguintes erros, na súa liña catro, onde di: «... co número quince mil vintenove», debe dicir: «... co número cinco mil vintenove». Máis abaixo, na liña doce do feito segundo, onde di: «... do Sindicado Nacional de CC.OO. de Galicia», debe dicir: «... do Sindicato Nacional de CC.OO. de Galicia». E nas liñas vintedúas e vintetrés do feito segundo, onde di: «... e co número seis mil seiscentos sesenta e nove», debe dicir: «... e co número seis mil seiscentos sesenta e dous».

-Na páxina 3.153, ó principio, onde se reflicten os membros do padroado da fundación, dentro dos vocais, na liña terceira, onde di: «Hortensia Álvarez Fogar», debe dicir: «Hortensia Álvarez Folgar». E na liña sexta, onde di: «Ricardo Guirriarán Rodríguez», debe dicir: «Ricardo Gurriarán Rodríguez».