Vista a solicitude presentada pola Federación de Libreiros de Galicia ó abeiro da Orde do 27 de marzo de 1995 sobre feiras culturais de Galicia, e seccións de feiras do libro, esta consellería, en virtude das competencias que se lle atribúen no seu artigo 4,
RESOLVE:
Autorizarlle á Federación de Libreiros de Galicia a organización das feiras do libro en catálogo e as feiras do libro antigo e de ocasión que se relacionan no anexo.
A presente resolución pon fin á vía administrativa, e contra ela poderase interpor recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, na Coruña, no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial
de Galicia, despois de lle comunicar a esta consellería da súa vontade de interpoñelo.
Santiago de Compostela, 3 de maio de 1995.
Víctor Manuel Vázquez Portomeñe
Conselleiro de Cultura
ANEXO
-Feiras do libro en catálogo:
I Feira do libro de Betanzos: 4-7 maio de 1995.
I Feira do libro de Vilagarcía de Arousa: 13-16 xullo de 1995.
II Feira do libro de Viveiro: 27-30 xullo de 1995.
II Feira do libro de Celanova: 14-17 agosto de 1995.
I Feira do libro do Grove: 24-27 agosto de 1995.
-Feiras do libro antigo e de ocasión:
IV Feira do libro de Santiago de Compostela: 20 maio-4 xuño de 1995.
IV Feira do libro de Pontevedra: 10-25 xuño de 1995.
III Feira do libro de Ferrol: 1 - 16 xullo de 1995.
IV Feira do libro de Vigo: 28 xullo-13 agosto de 1995.
IV Feira do libro da Coruña: 19 agosto-3 setembro de 1995.
III Feira do libro de Lugo: 11-26 de setembro de 1995.
II Feira do libro de Ourense: 2-19 de outubro de 1995.