Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Mércores, 31 de maio de 1995 Páx. 4.036

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

TRIBUNAL SUPERIOR DE XUSTIZA DE GALICIA

EDICTO.

A Sala de Goberno do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, na súa reunión do 21 de abril de 1995, acordou nomear a José María Pena Criado, por un período de catro anos, xuíz de paz titular, e a María Teresa Cernadas Rodeiro, xuíza de paz substituta, do concello de Cabanas (A Coruña) desta Comunidade Autónoma, que foron elixidos polo pleno do devandito concello co voto favorable da maioría absoluta dos seus membros.

Contra este acordo poderán os interesados presentar recurso de alzada dentro dos 15 días seguintes ó da publicación deste edicto perante o Consello Xeral do Poder Xudicial.

Os xuíces de paz nomeados deberán prestar xuramento ou promesa na forma que establece o artigo 101.5º da Lei orgánica do poder xudicial perante o xuíz de primeira instancia e instrucción respectivo, no prazo de 10 días a partir do seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia e, posteriormente, no prazo de 3 días, tomarán posesión no Xulgado de Paz, para o que son nomeados, perante quen se achar exercendo a xurisdicción.

Aqueles xuíces de paz nomeados que estean incursos nalgunha incompatibilidade deberán optar, dentro do prazo de oito días, pola praza que lles interese.

A Coruña; vinteún de abril de mil novecentos noventa e cinco.

Vicente Fernández Riera

Secretario da Sala de Goberno do Tribunal

Superior de Xustiza de Galicia