Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Mércores, 31 de maio de 1995 Páx. 4.036

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO

RESOLUCIÓN do 15 de maio de 1995, do Instituto Lucense de Desenvolvemento Económico e Social (Inludes), organismo autónomo da Deputación Provincial de Lugo, referente á convocatoria para prover unha praza/posto de técnico de administración financeira e contabilidade, polo sistema de concurso, vacante no cadro de persoal e na relación de postos de traballo de funcionarios, reservada a promoción interna.

No BOP nº 109, de data 13 de maio de 1995, aparecen publicadas integramente as bases aprobadas polo Instituto Lucense de Desenvolvemento Económico e Social (Inludes) que rexerán a convocatoria para a provisión de unha praza/posto de técnico de Administración financeira e contabilidade. O prazo de presentación de instancias será de 20 días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios publicaranse unicamente no BOP de Lugo e no taboleiro de anuncios do Instituto Lucense de Desenvolvemento Económico e Social (Inludes).

Lugo, 15 de maio de 1995.

Francisco Cacharro Pardo

Presidente

Faustino Martínez Fernández

Secretario