Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Mércores, 31 de maio de 1995 Páx. 4.035

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO

RESOLUCIÓN do 15 de maio de 1995, do Instituto Lucense de Desenvolvemento Económico e Social (Inludes), organismo autónomo da Deputación Provincial de Lugo, referente á convocatoria para prover un posto de traballo de director, polo sistema de libre designación, vacante na relación de postos de traballo vixente, reservado para o persoal funcionario e/ou laboral fixo.

No BOP nº 109, de data 13 de maio de 1995, aparecen publicadas integramente as bases apro

badas polo Instituto Lucense de Desenvolvemento Económico e Social (Inludes) que rexerán a convocatoria para a provisión de un posto de traballo de director, vacante na relación de postos de traballo vixente, polo sistema de libre designación. O prazo de presentación de instancias será de 15 días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios publicaranse unicamente no BOP de Lugo e no taboleiro de anuncios do Instituto Lucense de Desenvolvemento Económico e Social (Inludes).

Lugo, 15 de maio de 1995.

Francisco Cacharro Pardo

Presidente

Faustino Martínez Fernández

Secretario