Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Mércores, 31 de maio de 1995 Páx. 4.035

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VILAGARCÍA DE AROUSA

ANUNCIO.

O Pleno da Corporación Municipal, en sesión extraordinaria, celebrada o día 29 de abril de 1995, acordou aprobar inicialmente os expedientes que a seguir se din, redactados polo arquitecto municipal Eugenio Jiménez Passolas:

-Modificación puntual número 17 do PXOU.

-Modificación puntual número 18 do PXOU.

-Modificación puntual número 19 do PXOU.

-Modificación puntual plan parcial do Castriño.

De conformidade co establecido no artigo 128, en relación co artigo 114 e 115 do texto refundido da Lei do solo, aprobado por Real decreto lexislativo 1/1992, do 26 de xuño e artigo 127 do Regulamento de planeamento urbanístico, os ditos expedientes estarán expostos o público polo prazo de un mes, a partir do día seguinte ó da publicación do último dos anuncios no BOP ou no Diario Oficial de Galicia, podendo os interesados examinalo nas oficinas municipais de secretaría e presentar alegacións dentro do mesmo prazo.

Vilagarcía de Arousa, 3 de maio de 1995.

Xoaquín X. Gago López

Alcalde