Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Mércores, 31 de maio de 1995 Páx. 4.035

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

EXPOSICIÓN pública do estudio de detalle para axuste de aliñacións e rasantes no cuarteirón delimitado polas rúas Sanjurjo, Badía e Robleda.

Aprobado inicialmente polo Concello Pleno; con data do 31 de marzo de 1995, o estudio de detalle para fixación de aliñacións e rasantes no cuarteirón delimitado polas rúas Sanjurjo Badía e Robleda (3420/411), redactado polo arquitecto Javier Alonso Davila por encargo do Concello de Vigo; sométese a información pública polo prazo de quince días hábiles con anuncios no Diario Oficial de Galicia, BOP, Faro de Vigo e taboleiro de anuncios da Casa do Concello, con notificacións individuais ós propietarios do ámbito e restantes interesados directamente afectados.

O devandito acordo sinala como área afectada pola suspensión de licencias de parcelación, edificación e demolición a abranguida polo seu ámbito, cos límites seguintes:

Norte: rúa Sanjurjo Badía.

Sur: rúa Robleda.

Leste: travesía Chané e resto do cuarteirón.

Oeste: rúa Robleda.

O prazo entenderase aberto desde a primeira publicación ata o remate dos quince días, contados desde o día seguinte ó do derradeiro anuncio.

O que se fai público para xeral coñecemento, significando que a documentación se atopa na oficina municipal de información para exame e alegacións.

Vigo, 17 de abril de 1995.

Carlos A. González Príncipe

Alcalde