Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Mércores, 31 de maio de 1995 Páx. 4.035

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

RESOLUCIÓN do 25 de abril de 1995 pola que se fai pública a adxudicación do expediente número 413/1995, relativo ó contrato de subministración de reparacións varias, pazo de Fonseca.

En cumprimento do establecido nos artigos 38 da Lei de contratos do Estado, 119 do Regulamento xeral de contratación do Estado, e 24 do Regulamento de contratación da Universidade de Santiago de Compostela, faise público que, por proposta da Mesa de Contratación e á vista da cualificación técnica emitida, o órgano de contratación da Universidade de Santiago de Compostela resolveu adxudicarlle o expediente número 413/1995 a favor da empresa Construc. Fontenla, S.A., por un importe de 26.934.145 ptas., IVE incluído.

Santiago de Compostela, 25 de abril de 1995.

P.D. (R.R. 22-7-1994)

Manuel Castro Cotón

Vicerrector de Asontos Económicos