Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Mércores, 31 de maio de 1995 Páx. 4.036

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

TRIBUNAL SUPERIOR DE XUSTIZA DE GALICIA

EDICTO.

Ó non ser elixido polo Concello da Pontenova (Lugo) xuíz de paz substituto da dita localidade, convócase para que, no prazo de 15 días computados a partir da publicación deste edicto no Diario Oficial de Galicia cantos teñan interese en aspirar ó cargo de xuíz de paz substituto da Pontenova (Lugo), dirixan unha instancia á Presidencia do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia na Coruña, facendo consta-lo seguinte:

1. Nome, apelidos, idade, profesión e domicilio.

2. Se desempeñou o cargo de xuíz de paz ou substituto.

3. Méritos que considere que pode facer valer.

O que se fai público en cumprimento do acordo da Sala de Goberno do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, para coñecemento de cantos estean interesados en solicita-la indicada praza.

A Coruña, 21 de abril de 1995.

Vicente Fernández Riera

Secretario da Sala de Goberno do Tribunal

Superior de Xustiza de Galicia