Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Mércores, 31 de maio de 1995 Páx. 4.031

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 21 de abril de 1995, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se notifica a resolución dos expedientes administrativos sancionadores incoados por infracción á lexislación vixente de pesca fluvial, dos expedientes sancionadores números P-179/94 e P-258/94, devoltos polo servicio de correos.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento

administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan, as resolucións dos ditos expedientes, por infracción á Lei 7/1992, do 24 de xullo, sobre a pesca fluvial.

Contra a dita resolución e de conformidade co disposto nos artigos 107.1º e 114 ó 117 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, no prazo de un mes contado a partir do día seguinte ó desta publicación, poderá interpoñer recurso ordinario perante o conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes. Transcorrido o prazo de interposición do recurso sen que este fose presentado, esta resolución será firme para tódolos efectos.

O importe da sanción así como o da indemnización, farase efectivo dentro do prazo de un mes contado desde o momento en que a resolución sexa firme, na conta número 311-152-115/8 da Caixa de Galicia (2091), oficina principal de Lugo (152). De non facelo dentro do prazo sinalado procederase ó seu cobro pola vía de constrinximento.

Para proceder ó aboamento da sanción, deberá emprega-los impresos normalizados que lle serán facilitados na Delegación Provincial de Lugo, Ronda da Muralla.

-Expediente nº P-179/94.

Denunciado: José Joaquín Oliveira Piriz.

Enderezo: r/ Yáñez Rebolo, 19-bajo, Lugo.

Feito denunciado: pescar sen licencia de pesca nin permiso de couto.

Precepto sancionador: 34.1º e 10.

Sanción: 55.000 ptas. de multa e un ano de inhabilitación para obte-la licencia de pesca.

-Expediente nº P-258/94.

Denunciado: Ramón Rodríguez Vega.

Enderezo: Rúa Nova, 5, 32004 Ourense.

Feito denunciado: practica-lo deporte da pesca en época de veda.

Precepto sancionador: 34.8º.

Sanción: 50.001 ptas. de multa e un ano de inhabilitación para obte-la licencia de pesca.

Lugo, 21 de abril de 1995.

José Ramón Molinero Senovilla

Delegado provincial de Lugo