Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Mércores, 31 de maio de 1995 Páx. 4.032

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 23 de maio de 1995, da Secretaría Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, pola que se anuncia a licitación, polo sistema de concurso público, da asistencia técnica consistente no deseño, instalación, montaxe e atención dun stand institucional da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, na feira Anuga-Colonia, World Food Market, en Alemaña.

A Secretaría Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes resolveu convoca-la seguinte licitación polo sistema de concurso público:

Obxecto: deseño, instalación, montaxe e atención dun stand institucional da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, na feira Anuga-Colonia, World Food Market, en Alemaña.

Orzamento: 25.000.000 de pesetas.

Prazo de execución: seis de outubro de mil novecentos noventa e cinco.

Clasificación: grupo III, subgrupo 8, categoría C.

Fianza provisional: cincocentas mil pesetas (500.000 ptas.).

Fianza definitiva: un millón de pesetas (1.000.000 de ptas.).

Exposición do proxecto e pregos: o proxecto así como o prego de cláusulas administrativas particulares estarán á disposición dos licitadores para o seu exame durante o prazo de presentación de proposicións, os días e horas hábiles de oficina, na Dirección Xeral de Producción Agropecuaria e Industrias Agroalimentarias da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes (San Caetano, s/n, Santiago de Compostela).

Modelo de proposición: a proposición económica formularase estrictamente conforme o modelo que figura no prego de cláusulas administrativas particulares.

Presentación e apertura de proposicións: as proposicións serán entregadas no rexistro xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes (San Caetano, Santiago de Compostela), ou en calquera das vías admitidas polo artigo 100 do Regulamento xeral de contratos do Estado, antes das 14 horas do día 26 de junio de 1995.

A apertura de proposicions terá lugar o día 29 de xuño de 1995, ás 12 horas, nas oficinas da Secretaría Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes (San Caetano, Santiago de Compostela).

Gastos de publicación: serán por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 23 de maio de 1995.

P.D. (Orde 13-12-1993)

Antonio L. Rosón Pérez

Secretario xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes