Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Mércores, 31 de maio de 1995 Páx. 4.031

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 15 de maio de 1995, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se anuncia o pagamento dos prezos xustos pola imposición da servidume de paso de enerxía eléctrica, sobre os predios afectados pola execución do proxecto que se relaciona e do que é beneficaria a empresa Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Dáse a coñecer a tódolos interesados, que nos expedientes, datas, horas e casas dos concellos que se nomean ó remate deste anuncio, procederase ó pagamento dos prezos xustos segundo resolución do Xurado Provincial de Expropiación, os cales serán notificados individualmente, debendo adverti-los propietarios dos predios afectados que o pagamento se realizará nas condicións que se establecen nos artigos 48 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro do 1954, e 48, 49 e 50 do seu regulamento de aplicación do 26 de abril de 1957.

Vigo, 15 de maio de 1995.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Vigo (Pontevedra)