Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Mércores, 31 de maio de 1995 Páx. 4.030

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 11 de maio de 1995, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se anuncia o levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola execución do proxecto denominado liña M.T. a C.T. Porto, concello de Vigo, a favor da empresa Unión Eléctrica-Fenosa, S.A. (Expediente numero 328/1992 A.T.).

En cumprimento do ordenado no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa en relación co artigo 31.6º do regulamento da Lei 10/1966, do 18 de marzo, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, aprobado polo Decreto 2619/1966, do 20 de outubro, faise saber, en resumo, a tódolos interesados afectados pola execución do proxecto de referencia, do que a súa urxente ocupación foi outorgada polo Decreto 120/1995 (DOG

nº 88, do 9 de maio), que o día 20-6-1995, a partir das 11 horas darase comezo ó levantamento sobre o terreo polo representante da Administración das actas previas á ocupación, correspondentes ós predios situados no concello de Vigo, sinalados cos números que en folla adxunta se detallan previndo ós ditos interesados que na respectiva notificación individual, que mediante cédula se lles efectuará, coa debida anticipación legal do día e hora en que para cada un terá lugar a dita dilixencia, prevíndoos tamén, que nos ditos actos poderán facerse acompañar dos seus peritos ou dun notario, á súa custa, se así estimasen conveniente.

A relación será fixada no taboleiro de anuncios do concello e nos desta delegación.

Vigo, 11 de maio de 1995.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra