Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Mércores, 31 de maio de 1995 Páx. 4.028

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

CÉDULA do 20 de abril de 1995, da Delegación Territorial de Ourense, pola que se anuncia o extravío do resgardo do depósito en aval bancario número 455/1994, para os efectos de expedición do duplicado.

Producido o extravío do resgardo de depósito número 455/1994, do 27-6-1994, por importe de 250.000 ptas., coinstituído mediante aval bancario na Caixa de Depósitos desta delegación, garantindo a Manuel Dapia Cao e a disposición da Dirección Xeral de Transportes da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, formúlase requirimento oficial e público a aquelas persoas ou entidades en poder das que se poida atopar, para que o presenten sen máis demora nesta delegación territorial, rúa Progreso, 3-entresollado.

Se transcorrido o prazo de dous meses, contados desde a data da publicación do presente anuncio, non se tivese presentado, procederase sen máis trámite á expedición do duplicado ó seu lexítimo propietario ou ó seu representante legal suficientemente acreditado, declarándose nese mesmo acto a nulidade do exemplar orixinal extraviado, o que non terá ningún valor nin poderá producir efecto perante a Administración nin perante terceiros.

Ourense, 20 de abril de 1995.

Norberto F. Bayón Rey

Delegado territorial de Ourense