Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Mércores, 31 de maio de 1995 Páx. 4.028

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

CÉDULA do 3 de maio de 1995, da Delegación Territorial de Vigo (Pontevedra), pola que se anuncia o extravío do resgardo do depósito 200/89, para os efectos de expedición do duplicado.

Extraviado o resgardo do depósito vario 200/89, constituído na Caixa de Depósitos da Delegación Territorial da Consellería de Economía e Facencla de Vigo (Pontevedra), mediante aval bancario o día 29 de setembro de 1989, polo importe de 60.044 ptas. por Antonio Saa Pena e Francisco Javier Alfaya Fernández, ó dispor da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, para responder das abrigas derivadas da subministración de embarcación pneumática semi-ríxida e o seu equipamento, faise público para que no termo de dous meses, contados desde esta publicación, se poida alegar por terceiro o que considere oportuno.

Coa prevención de que, transcorrido o prazo de dous meses, contados desde a data de publicación do presente anuncio, se procederá sen máis trámite á expedición do duplicado ó seu lexítimo propietario, declarándose nese mesmo acto a nulidade dos exemplares orixinais extraviados, que non terán valor ningún, nin poderán producir efecto perante a Administración ou terceiros.

Vigo, 3 de maio de 1995.

Pedro Arbolí Albarracín

Delegado Territorial de Vigo (Pontevedra)