Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Mércores, 31 de maio de 1995 Páx. 4.028

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de emprazamento (292/1992).

En virtude do acordado pola xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous de Santiago de Compostela, María Fe Meitín Fernández, en resolución dictada no día de autos de separación matrimonial número 292/1992, por instancia de Josefa Molina Cifuentes, representada pola procuradora Fernández Rial López; por medio desta cédula emprázase o esposo demandado, José Arán Domínguez, maior de idade, actualmente en paradoiro descoñecido, co fin de que no improrrogable prazo de vinte días compareza en autos, constituíndose en parte, e conteste a demanda, formulando, se é o caso, reconvención, baixo apercibimento de ser declarado en rebeldía e facerlle as notificacións que establece a lei. Fáiselle saber que as copias da demanda e os documentos se encontran ó seu dispor na secretaría deste xulgado.

E para que lle sirva de emprazamento en forma ó referido demandado, expido, asino e selo esta cédula en Santiago de Compostela o dous de maio de mil novecentos noventa e cinco.

O secretario xudicial

Rubricado