Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Mércores, 31 de maio de 1995 Páx. 4.028

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN DE NEGREIRA

CÉDULA de emprazamento (87/1995).

En virtude do acordado polo xuíz deste xulgado en autos de xuízo de separación conxugal (5*), seguidos neste xulgado baixo o número 87/1995, por instancia de Carmen Lago Pensado, representada por Avelino Calviño Gómez (de oficio), por esta cédula emprázase a Manuel Montero Martínez, en ignorado paradoiro, para que no improrrogable prazo de vinte días, compareza en autos, defendido de letrado e representado por procurador, formulando, se é o caso, reconvención se lle conviñer en dereito, baixo apercibimento de que, de non o facer, será declarado en rebeldía, seguindo os autos o seu curso sen oílo nin citalo máis, e entendéndose as sucesivas dilixencias nos estrados do xulgado.

E para que a súa publicación no DOG e no taboleiro de anuncios deste xulgado, expido, selo e asino esta cédula en Negreira o vinteún de abril de mil novecentos noventa e cinco.

O secretario

Rubricado

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE

SANTIAGO DE COMPOSTELA