Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Mércores, 31 de maio de 1995 Páx. 4.027

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 27 de marzo de 1995 pola que se nomea profesora titular de escola universitaria da área de coñecemento de estatística e investigación operativa, do departamento de Matemáticas, a Margarita Vázquez Brage.

De conformidade coa proposta elevada pola comisión constituída para xulga-lo concurso, convocado por resolución desta universidade, de 30 de xuño de 1994 (BOE do 27 de xullo) para a provisión da praza nº 94/048 de profesora titular de escola universitaria da área de coñecemento de estatística e investigación operativa, do departamento de Mate

máticas desta universidade, a favor de Margarita Vázquez Brage, e unha vez acreditado pola interesada os requisitos a que alude o artigo 5.2º do Real decreto 1888/1984, de 26 de setembro.

Este rectorado, en uso das atribucións conferidas polo artigo 42 da Lei 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria, e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a Margarita Vázquez Brage profesora titular de escola universitaria da área de coñecemento de estatística e investigación operativa, do departamento de Matemáticas desta universidade.

A Coruña, 27 de marzo de 1995.

José Luis Meilán Gil

Rector da Universidade da Coruña