Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Mércores, 31 de maio de 1995 Páx. 4.013

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 17 de abril de 1995, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación no Diario Oficial de Galicia do convenio colectivo da empresa GKN Indugasa, S.A.

Visto o expediente do convenio colectivo para a empresa GKN Indugasa, S.A. situada na provincia de Pontevedra, que tivo entrada nesta delegación provincial o día 11-4-1995, subscrito en representación da parte económica por unha representación da empresa, e da parte social polo comité de empresa, en data 11-4-1995, de conformidade co disposto no artigo 90, 2 e 3, da Lei 8/1980, de 10 de marzo, do Estatuto dos traballadores; Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo, e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de traballo, esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo desta delegacion provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación (SMAC).

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia (DOG).

Vigo, 17 de abril de 1995.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra

TÍTULO I

DISPOSICIÓNS XERAIS

Artigo 1º.-Partes contratantes.

Este convenio colectivo foi negociado e subscrito pola empresa GKN Indugasa, S.A. e o seu comité de empresa, co ámbito territorial e persoal que máis embaixo se indica.

Artigo 2º.-Ámbito territorial.

De acordo co establecido no artigo 83.1º da Lei 8/1980, do 10 de marzo, o ámbito territorial do convenio é o do centro de traballo da empresa GKN Indugasa existente na actualidade na provincia de Pontevedra.

Artigo 3º.-Ámbito persoal.

O convenio afecta á totalidade do persoal pertencente ó cadro de persoal da empresa, coas excepcións que a normativa vixente prevé.

A este convenio queda incorporado, e forma parte del, o acordo para a modernización de GKN Indugasa asinado polas partes o 22-12-1993, que queda como anexo a el. Este anexo afectará no seu contido ós traballadores xa integrados e ós que se vaian integrando ós novos sistemas de traballo.

Con respecto ó persoal con contrato de duración determinada, seralle de aplicación este convenio colectivo, excepto naqueles aspectos del que colisionen coa temporalidade dos citados contratos.

Artigo 4º.-Vixencia.

O convenio entrará en vigor o día da súa sinatura, sen prexuízo do cal as condicións económicas se aplicarán a partir do día 1 de xaneiro de 1995.

Terá unha vixencia de un ano, polo que expira o 31 de decembro de 1995.

Artigo 5º.-Prórroga e denuncia.

Este convenio quedará automaticamente denunciado tres meses antes do seu vencemento. Non obstante, subsistirán os seus preceptos ata a entrada en vigor do que o substitúa.

Artigo 6º.-Condicións e compensación de melloras.

As condicións contidas neste convenio colectivo establécense co carácter de mínimas.

Tódalas melloras que se implanten por normas legais ou outras serán compensables e absorbibles ata onde alcancen cos aumentos e melloras existentes ou que poidan establecerse no futuro, sempre que en cómputo anual a suma das condicións do convenio sexan máis beneficiosas.

Artigo 7º.-Comisión paritaria do convenio.

En cumprimento do disposto no artigo 85.2º d) da Lei 8/1980, do 10 de marzo, a partir da entrada en vigor deste convenio crearase unha comisión paritaria para a interpretación do convido, integrada por tres representantes titulares e tres suplentes designados pola empresa, e tres vocais titulares e tres suplentes elixidos por e de entre os membros do comité de empresa, todos eles integrantes das respectivas comisións negociadoras deste convenio.

As reunións desta comisión levaranse a cabo sempre que asista o 50% máis un, polo menos, dos mem

bros que a compoñen e para reunirse abondará con que unha das partes o solicite. Entre esta solicitude e a reunión mediará un prazo de 48 horas como mínimo.

Consideraranse como acordos da comisión aqueles que fosen aprobados por maioría dentro das dúas partes. As discrepancias reflectiranse en acta. No caso de non haber acordo, farase que se reflictan as diferencias. En ámbolos dous casos, o dictame da comisión servirá de informe e asesoramento para a dirección da empresa e dos traballadores afectados. A dirección resolverá o que considere procedente no prazo de oito días e notificarállelo a aqueles, por se deciden acudir coa súa reclamación á instancia competente.

A propia comisión establecerá as normas do seu funcionamento.

TÍTULO II

PERSOAL

Artigo 8º.-Cadros de persoal.

A empresa dará a coñecer no transcurso do mes de marzo de cada ano un rexistro do persoal ó seu servicio, ordenado polo seu número e facendo consta-los seguintes datos: nome e número do traballador, categoría laboral e a súa antigüidade nela, profesión ou oficio e servicio no que traballa.

Unha copia deste rexistro será entregada ó comité de empresa e mais ás seccións sindicais xunto cun anexo no que figurará un resumo do número de compoñentes de cada categoría.

Estes datos referiranse á situación laboral e profesional dos traballadores no 1 de xaneiro de cada ano de publicación do rexistro.

Respecto ás bases de cotización á Seguridade Social, observarase o disposto na normativa legal vixente.

Artigo 9º.-Xubilación.

O traballador que, tendo cuberto o período mínimo de cotización, decidise xubilarse no momento de cumpri-los 60 anos terá dereito a percibi-la cantidade de 4.500.000 ptas.

Os traballadores maiores de 60 anos que non se acollan ó dereito anterior poderán pactar de forma individual, existindo común acordo por ámbalas partes, a xubilación anticipada.

Artigo 10º.-Persoal de novo ingreso (período de proba).

Ó persoal de novo ingreso faráselle un contrato de traballo por escrito e unha copia del deberá quedar no seu poder.

Os períodos de proba para o persoal de novo ingreso serán os seguintes:

-Técnicos titulados: 6 meses.

-Técnicos non titulados: 2 meses.

-Administrativos e profesionais de oficio: 1 mes.

-Subalternos, aprendices, peóns e especialistas: 2 semanas.

En canto se refire á celebración do contrato de traballo, a súa prórroga, denuncia e extinción, así como ós dereitos de información dos representantes dos traballadores en materia de contratación, aplicarase canto dispón a normativa vixente.

Artigo 11º.-Categorías.

O persoal de GKN Indugasa, S.A. estará encadrado nas categorías profesionais que determina a ordenanza de traballo para a industria siderometalúrxica e de conformidade coas definicións que figuran nos seus anexos.

Na medida en que a organización do traballo o requira, poderanse crear categorías non incluídas na ordenanza e que supoñan un beneficio de calquera tipo para o persoal.

Ós peóns que ocupen durante un mes un posto de especialista outorgaráselle-la citada categoría se realizaron, polo menos durante unha quincena, o rendemento habitual nese posto.

No caso de non o teren alcanzado, disporán de dous meses para o poderen acadar.

Artigo 12º.-Postos especiais de persoal horario.

Aínda dentro dunha determinada categoría existen postos de traballo de diferente valor que son retribuídos de maneira distinta, mediante a prima de cualificación de posto. Nos casos especiais en que aínda non é tecnicamente posible a medición do traballo e a aplicación dun incentivo directo, cunha prima de cualificación de posto, como son os reguladores especialistas e os xefes de equipo especialistas, a empresa manterá as primas fixas de cualificación de posto actualmente establecidas e que de acordo coas posibilidades dos servicios técnicos irán sendo substituídas polos sistemas de incentivos.

En calquera caso e para un mesmo posto e un mesmo rendemento, a retribución que no seu día resulte destes incentivos non deberá ser inferior á que globalmente se veña percibindo coas primas fixas de cualificación de posto.

Artigo 13º.-Xefes de equipo especialistas.

Dentro dos postos especiais citados no artigo anterior, defínese este como o do traballador que, coa categoría de especialista, asume o control do traballo dun grupo de especialistas ou peóns, baixo as ordes dun superior xerárquico, debendo estar en condicións de efectuar traballos manuais por suplencia do persoal ó seu cargo, ou cando as circunstancias o requiran.

Neste caso e por similitude das súas funcións coas previstas na ordenanza de traballo para a industria siderometalúrxica, cando un traballador desempeñe tales funcións durante un período de un ano consecutivo ou durante tres alternos, se logo cesa na súa función manteráselle con carácter de mínimo a prima de cualificación establecida para o dito posto ata que polo seu ascenso a superior categoría quede superada.

Artigo 14º.-Traslados.

A empresa poderá efectua-los traslados interiores que sexan necesarios por razóns organizativas de

traballo, se ben procurará, dentro do posible, atende-las peticións de traslado a outros postos de traballo que sexan solicitados polo persoal do cadro de persoal.

Os traballadores que ocupen postos de traballo tóxicos serán trasladados a petición propia a outros postos que non presenten estas características e substituídos por persoal voluntario ou de novo ingreso sempre que se produza contratación exterior, de acordo coas seguintes normas:

1º) Levar máis de tres anos nun dos devanditos postos.

2º) Para o traslado daráselle preferencia á maior antigüidade no posto.

Facilitaráselle información previa ó comité de empresa de tódolos casos que se produzan de modificación substancial das condicións de traballo do persoal, os cales se efectuarán de conformidade coas disposicións legais vixentes.

Artigo 15º.-Ascensos.

Defínense como fórmulas de ascenso en GKN Indugasa as seguintes:

A) Promoción automática a categoría superior.

-Auxiliar de organización a técnico de organización de segunda, un ano.

-Calcador ou auxiliar delineante a delineante de segunda, un ano.

-Auxiliar admimistrativo a oficial de segunda administrativo, un ano.

-Auxiliar de laboratorio a analista de segunda, un ano.

B) Promoción con exame previo.

Os profesionais horarios (oficiais de 3ª e 2ª), os oficiais de 2ª administrativos, analistas de laboratorio de 2ª, delineantes de 2ª e técnicos de organización de 2ª con oito anos de antigüidade na categoría, e os especialistas e especialistas cualificados con 13 anos de antigüidade na categoría poderán ascender á inmediata superior, superando previamente un exame de aptitude profesional que para tal efecto deberán solicitar. O servicio de persoal entregaralles ós candidatos documentación de apoio e as distintas probas profesionais teóricas e prácticas serán feitas públicas cunha antelación mínima de 30 días a cada exame e deberán realizarse antes do 15 de outubro.

No prazo máximo de 30 días despois da súa realización publicaranse os nomes dos candidatos declarados aptos e terá efectividade o ascenso.

Unha vez cualificadas por formación as probas profesionais someteranse á comisión de control que para tal efecto se establece, para a súa verificación. Esta comisión estará composta por tres representantes da empresa e tres representantes do comité de empresa.

C) Existindo de vacantes por baixas do persoal.

A empresa convocará concursos que permitan clasifica-lo persoal para cubrir por ascensos as vacantes producidas por baixas do persoal.

Por cada concurso existirá un programa e un baremo de puntuación confeccionado pola empresa, baixo o cal poderán prepararse os traballadores, ben asistindo ós cursos da empresa, de os haber, ben por preparación libre, e as distintas probas profesionais, teóricas e prácticas, serán feitas públicas cunha antelación mínima de 30 días a cada concurso.

Poderanse presentar ós concursos para cubrir prazas nos grupos obreiro, administrativo e técnico, nas súas diversas categorías, os traballadores que teñan unha antigüidade mínima de doce meses na categoría inferior conrespondente ós postos que se van cubrir.

No momento de realizar un concurso-oposición constituirase unha xunta cualificadora como máis adiante se especifica.

D) Existencia de vacantes por aumento do cadro de persoal

As vacantes que se produzan por este motivo cubriranse nun 50% por concurso-oposición e nun 50% por libre designación da empresa.

Non quedan consideradas dentro destas últimas as vacantes que a empresa deba cubrir por propia designación como consecuencia de que ningún candidato fose declarado apto.

O concurso-oposición rexerase polo artigo 2 do Regulamento de réxime interior da empresa. No caso que nos ocupa trátase dun concurso libre e terán preferencia para cubri-las citadas vacantes os da categoría inmediata inferior, coas puntualizacións que máis adiante se fan referentes á comisión cualificadora.

As probas dos concursos-oposición consistirán nun exame das súas aptitudes profesionais, exclusivamente.

Existirá unha comisión cualificadora destes exames, composta por tres representantes da empresa e tres representantes elixidos por e de entre os membros do comité de empresa.

No caso de igual puntuación daráselle prioridade á maior antigüidade do traballador na súa categoría.

E) Libre designación

Os ascensos a xefe de 1ª e 2ª administrativos e de organización e en xeral os ascensos que impliquen exercicio de autoridade ou mando sobre persoas e os postos de confianza da empresa.

TÍTULO III

RÉXIME DE TRABALLO

Artigo 16º.-Xornada laboral.

Establécese que a xornada será a mesma en días laborables e horas efectivas de traballo en cómputo anual para todo o persoal.

O número de horas efectivas de traballo en cómputo anual será de mil setecentas trinta e seis (1.736 horas), non entrando no calculo deste cómputo de horas ningún tipo de descanso (incluso os retribuídos).

Para efectos de xomada máxima legal semanal realizarase o cálculo correspondente, tomando en consideración o cómputo anual. Ambos contratantes acordan que a xornada pactada é aplicación mellorada da Lei 4/1983.

O calendario laboral elaborarase coa participación do comité de empresa no mes de decembro de cada ano.

Artigo 17º.-Traballo nocturno.

As horas traballadas durante o período comprendido entre as dez da noite e as seis da mañá, salvo que o salario se establecese atendendo a que o traballo sexa nocturno pola súa propia natureza, terán unha retribución específica incrementada nun vintecinco por 100 sobre o salario base.

Para cubri-las necesidades da quenda de noite recorrerase preferentemente a persoal voluntario.

Co fin de fomenta-la estabilidade e a motivación, os traballadores que realicen a quenda de noite percibirán, ademais da retribución citada, os complementos de nocturnidade especial e locomoción nas contías especificadas no artigo 37.

Artigo 18º.-Vacacións.

O período de vacacións será de 30 (trinta) días naturais.

Procurarase que o seu desfrute estea comprendido no mes de agosto, reservando para si a dirección a facultade de establecer excepcións e cambios a outros períodos do ano cando as esixencias dos servicios así o aconsellen e nestes últimos casos procurando satisface-los desexos do persoal en canto á época do seu desfrute.

O persoal afectado aplicaránselle as seguintes compensacións:

a) Por cada semana completa desprazada ó período comprendido entre os meses de xaneiro e xuño ou outubro e decembro, ámbolos dous inclusive, 9.120 ptas. Esta compensación será rateable por días.

b) Aplicación das normas en vigor de compensación por locomoción.

O comité de empresa será informado do persoal que a empresa determine que ten que cambia-las vacacións.

Os traballadores que se atopen en incapacidade laboral transitoria ó inicio ou durante o transcurso das vacacións pactadas no calendario laboral, unha vez producida a alta médica desfrutarán do período non utilizado, no transcurso do ano e tendo e conta as necesidades do servicio.

Artigo 19º.-Licencias.

O traballador, con aviso e xustificación previos, poderá ausentarse do traballo, con dereito a remuneración, incluída prima media mensual para o persoal horario, polo tempo e os motivos seguintes:

Casamento: 15 días naturais.

Nacemento dan fillo ou adopción legal: 3 días laborables que se poderán desfrutar dentro dos sete días seguintes ó nacemento. No caso de necesidade de desprazamento a unha distancia superior a 300 km serán 4 días.

Falecemento:

-De pais, fillos ou cónxuxe do traballador: 5 días naturais.

-De avós, netos e irmáns do traballador: 3 días naturais.

-De pais, avós, netos e irmáns do cónxuxe: 3 días naturais.

-De cónxuxe do irmán do traballador: 1 día natural.

-De irmáns dos pais do traballador: 1 día natural.

Nestes catro últimos casos, se existe necesidade de desprazamento a unha distancia superior a 300 km corresponderá 1 días natural máis.

Para efectos de cómputo dos días de permiso por falecemento considerarase que:

-Computarase como de permiso o día do falecemento se este se produciu antes de transcorrida a metade da xornada laborable do traballador.

-Se o falecemento se produce en día non laborable para o traballador, computarase como día de permiso no caso de que o falecemento se producise antes das 12 horas.

Enfermidade grave:

-De pais, fillos e cónxuxe do traballador: 3 días naturais. No caso de necesidade de desprazamento a unha distancia superior a 300 km corresponderá 1 día máis.

-De avós, netos e irmáns do traballador: 2 días naturais.

-De pais, avós, netos e irmáns do cónxuxe: 2 días naturais.

Nestes dous últimos casos se existe necesidade de desprazamento a unha distancia superior a 300 km corresponderá 1 día natural máis; se a 500 km, 2 días naturais máis.

A referencia a cónxuxe nos permisos citados faise extensiva á persoa que conviva maritalmente co traballador, que acredite a súa situación de convivencia mediante certificado do concello, libro de familia ou documento substitutorio.

Casamento:

-De pais, fillos, irmáns e netos: 1 día natural.

Traslado de domicilio habitual: 1 día natural.

Cumprimento de deber público: polo tempo indispensable para o cumprimento dun deber inescusable de carácter público e persoal, con posterior xustificación.

Exames:

-Os traballadores matriculados en centros oficiais ou recoñecidos polo MEC que cursen con regula

ridade estudios para a obtención dun título académico ou profesional, a teor da Lei xeral de educación, terán dereito ós permisos necesarios para concorreren ós exames correspondentes.

O servicio de persoal entregaralle ó interesado un resgardo acreditativo dos permisos concedidos.

Artigo 20º.-Premio de asistencia

O premio de asistencia permitiralle a cada traballador desfrutar de días de permiso retribuído ou a compensación económica correspondente en función da súa asistencia ó traballo, conforme as normas que a seguir se articulan:

Norma 1ª:

O premio de asistencia é aplicable a todo o persoal coas posibles excepcións seguintes:

-Xefes de primeira e asimilados.

-Xefes de taller e asimilados.

-Titulados de grao superior e asimilados.

Norma 2ª:

Cada semana de presencia completa dá dereito a:

-15 puntos simples para o persoal horario.

-12 puntos simples para o persoal mensual.

Norma 3ª:

Ademais, cada semana de presencia completa dá dereito a puntos suplementarios cando se producen determinadas particularidades do traballo.

Os puntos suplementarios terán os seguintes valores:

a) Traballo en xornada ordinaria en quendas rotativas e traballo en quenda de noite: 6 puntos suplementarios.

b) Traballo da xomada ordinaria en domingo ou día festivo: 15 puntos suplementarios.

c) Traballo en talleres que presenten condicións particulares en certos postos: 6 puntos suplementarios.

Norma 4ª:

A contaxe dos puntos obtidos cada ano péchase na última semana de decembro, e seralles comunicada ós interesados antes do 15 de marzo seguinte.

Norma 5ª:

A modificación colectiva das condicións de traballo levará aparellada a modificación dos puntos suplementarios atribuídos na norma 3ª, apartado c).

Norma 6ª:

Para cada ano do calendario, o beneficio do premio de asistencia considérase adquirido para todo o persoal definido na norma 1ª e que non tivese un total de ausencias no ano superior a 15 días laborables.

Norma 7ª:

Os puntos simples e suplementarios atribuídos no ano en curso corríxense da forma seguinte:

-Se o beneficiario non tivo ningunha ausencia, os puntos simples e suplementarios obtidos nese ano incrementaranse no 100%.

-Se o beneficiario totalizou no ano:

-de 1 a 5 días de ausencia: os puntos simples e suplementarios obtidos incrementaranse no 50%

-de 6 a 15 días de ausencia: os puntos simples e suplementarios consideraranse no seu mesmo valor.

-máis de 15 días de ausencia: pérdense os puntos atribuídos.

Norma 8ª:

Para os efectos do premio de asistencia non se considerarán como ausencias as vacacións nin as circunstancias definidas no anexo I.

Norma 9ª:

A utilización dos puntos obtidos dá dereito a un día de permiso por cada 600 puntos.

Para a utilización dos días de permiso precisarase un preaviso de 5 días laborables e poderanse tomar se as necesidades do servicio o permiten (absentismo inferior ó 10%).

Para efectos de compensación económica establécese que 600 puntos equivalen a un día.

Norma 10ª:

Os beneficios previstos no premio de asistencia non se poderán acumular cos que puidesen resultar de novas normas legais e regulamentarias.

Así mesmo, as vantaxes establecidas no presente premio de asistencia modifican e substitúen as concedidas polo anterior plan individual de vacacións.

Norma 11ª:

Os días de premio de asistencia serán aboados como laborables.

ANEXO I

Circunstancias que non se consideran ausencia para efectos do premio de asistencia no conxunto final do período:

-Permiso por nacemento de fillos ou adopción legal.

-Permiso por casamento do traballador.

-Permiso por casamento de fillos, irmáns e pais.

-Permiso por falecemento de pais, fillos, cónxuxe, avós, netos e irmáns do traballador.

-Permiso por falecemento de pais, avós, netos e irmáns do cónxuxe do traballador.

-Permiso por falecemento de irmáns do cónxuxe do traballador.

-Permiso por falecemento de irmáns dos pais do traballador.

-Permiso por enfermidade grave do cónxuxe, fillos, pais, avós, netos e irmáns do traballador.

-Permiso por enfermidade grave de pais, avós, netos e irmáns do cónxuxe do traballador.

-Permiso (por desprazamento para consulta médica) por enfermidade de fillos ou cónxuxe.

-Permiso por mudanza.

-Permiso por premio de asistencia.

-Citacións oficiais.

-Designación como membro de mesa electoral.

-Retención pola Garda Civil (incendios).

-Paro técnico.

-Permiso para exames oficiais.

-Permiso para doar sangue.

-Permiso por horas acumuladas (ou a recuperar).

-Saídas inferiores a media xornada.

-Saídas sindicais (dentro do limite regulamentario).

-Folga xeral.

Artigo 21º.-Excedencias.

As excedencias concederanse de acordo co establecido na Ordenanza laboral siderometalúrxica e Estatuto dos traballadores.

A empresa admitirá ó excedente nun prazo máximo de quince días a partir da data en que expire a excedencia sempre que o solicitase dentro do prazo regulamentario e que se atope en condicións de aptitude para o seu traballo habitual.

Ó serlle concedida a excedencia daráselle ó traballador un certificado do servicio médico da empresa no que consten as súas condicións de aptitude ou limitación para o traballo, sempre que aquel o solicite.

Se un traballador, logo de transcurrido como mínimo o 75% do tempo de excedencia concedido, solicita o seu reingreso, admitirase a súa solicitude para a primeira vacante que exista da súa categoría.

O comité de empresa poderá solicitar que se lle dea coñecemento dos rexeitamentos que se producisen á solicitude de reingreso dos excedentes.

TÍTULO IV

RÉXIME DE RETRIBUCIÓNS

A.-TEMPOS E RENDEMENTOS

Artigo 22º.-Tempos.

Os tempos determinaranse polos procedementos de cronometraxe e valoración empregados ata a data polos servicios técnicos da empresa, podendo ser: estimados, provisionais e definitivos. Cando se peña en marcha unha nova operación ou unha modificación de posto e ata que sexa posible realiza-la primeira cronometraxe, aplicaranse tempos estimados, que serán obtidos por apreciación.

Consideraranse tempos provisionais os obtidos na primeira cronometraxe dun traballo novo ou modificado que se producirá inmediatamente que os servicios técnicos consideren dunha garantía mínima a estabilización do método e a práctica do operador.

Consideraranse tempos definitivos os asignados a cada traballo na segunda cronometraxe que se rea

lizará en canto as condicións mecánicas e operatorias se encontren totalmente estabilizadas, non debendo normalmente producirse despois de seis meses da primeira cronometraxe para os postos individuais, nin doce meses para as cadeas e traballos colectivos.

Artigo 23º.-Revisión dos tempos.

Os tempos definitivos non poderán ser modificados, excepto nos casos seguintes:

a) Por modificación dos medios: máquinas, equipos, ferramentas, etc.

b) Por mellora do proceso operativo calquera que sexa a orixe da mellora.

c) Por variación das frecuencias dos traballos ou fases irregulares que consten na folla de análise do posto.

d) Por erros de cálculo comprobables nas gammas e follas de análise.

e) Nos postos considerados como de tempos variables por circunstancias alleas a eles, como recuperación de pezas porosas, etc. Nestes postos os tempos serán revisados periódica e sistematicamente sen alcanzar nunca a consideración de definitivos.

Nos casos de discrepancia individual observarase o disposto no artigo 10 da ordenanza de traballo vixente para a industria siderometalúrxica.

Das variacións significativas proporcionaráselle información ó comité de empresa.

Artigo 24º.-Aplicación dos tempos.

A empresa adoptará o sistema de prima individual en tódolos casos en que sexa tecnicamente posible e mentres a organización do traballo non aconselle o contrario.

Cando un operario deba pasar dun posto productivo a outro productivo non parecido, facilitaráselle que no novo posto consiga o seu kb habitual mediante as «compensacións de aprendizaxe».

Se traballa a prima individual, a compensación da aprendizaxe consistirá en aboarlle toda a quincena o kb obtido nos últimos días, sen supera-lo kb medio obtido nas tres últimas quincenas no posto anterior.

Esta compensación, dunha duración máxima de dúas quincenas, deixará de facerse se o operario non mellora diariamente o seu kb. Se o cambio se produciu despois dos seis primeiros días da quincena, ou dura menos de seis días, impedíndolle ó operario chegar a un kb razoable, pagaráselle toda a quincena ó kb proporcional que resultaría de seguir en toda ela o mesmo progreso observado nos días de aprendizaxe.

Se traballa en grupos colectivos, cobrará o kb que obteña o grupo e para que o dito kb non baixe con motivo da falta de práctica do novo operario, emitiránselle a este «solicitudes de crédito de aprendizaxe» diarias en función das horas doutros operarios productivos que haxa que empregar para completa-lo posto do novo operario.

Estas solicitudes seranlle aboadas así mesmo ó kb medio que obteña o grupo ata un máximo de vinte horas para cambio de posto dentro dun mesmo grupo ou se o operario xa ten traballado no dito grupo, e ata un máximo de corenta horas nos demais casos.

Proporcionaráselle todo traballador, se o solicita, o tempo cronometrado individual ou de grupo que se empregue para calcula-la súa prima.

Artigo 25º.-Rendementos.

Establécese que o rendemento mínimo será o chamado kb=1, equivalente a 60 minutos hora, para efectos do disposto no Decreto do 17 de agosto de 1973, de ordenación do salario, e Orde do 22 de novembro de 1973, así como para os efectos disciplinarios oportunos.

Establécese como rendemento normal ou habitual do traballador, para efectos do preceptuado no artigo 54.2º, apartado e) do Estatuto dos traballadores, o que aquel viñese obtendo en precedentes períodos de tempo, podéndose considerar como período para determina-lo dito rendemento normal un mínimo de un mes e un máximo de un ano. Cando non exista medio de comparación propio dun posto de traballo, considerarase como rendemento normal o que obtivesen outros traballadores no mesmo posto ou similar.

O período de tempo para determinar que existe continuidade no baixo rendemento a que se refire o citado artigo 54.2º, apartado e) do Estatuto dos traballadores, será diferente segundo se trate dun traballador ou afecte a un grupo de traballadores, máxime se como consecuencia diso se derivase escándalo ou producise indisciplina ou incitación a outros traballadores a secundar tal actitude.

No que se refire a traballadores que ocupan postos non cronometrados e unicamente cando se trate dun caso illado, será necesario para considerar continuidade suficiente en baixo rendemento que este se producise no período de un mes despois de ter sido apercibido.

Artigo 26º.-Comisión paritaria de tempos.

Para entender sobre as reclamacións individuais nacidas da aplicación do sistema de análise e control de rendementos persoais, existirá unha comisión paritaria de tempos, composta por tres membros do comité e tres membros representantes da dirección.

Os compoñentes da comisión elixirán de entre eles un presidente e un secretario. Estes cargos deberán recaer en membros de ámbalas representacións.

Tódolos membros da devandita comisión disporán de vinte horas retribuídas ó mes para o desempeño das súas funcións.

REUNIÓNS DA COMISIÓN PARITARIA

Haberá dous tipos de reunións: ordinaria e extraordinaria.

As ordinarias terán lugar unha vez ó mes e dentro da súa primeira quincena. Terán carácter de extraor

dinarias as convocadas por iniciativa xustificada de calquera das dúos representacións.

Tódalas reunións, tanto ordinarias coma extraordinarias, deberán ser convocadas polo presidente e o secretario cun prazo de 48 horas de antelación, con indicación de lugar de reunión, día, horas e orde do día.

De solicitalo, a comisión paritaria será informada dos rendementos obtidos polos diferentes talleres de fábrica en cada un dos meses do ano.

Artigo 27º.-Retribución do persoal horario.

Componse de salario de convenio (xornal máis retribución voluntaria, se é o caso), prima de producción (nos casos establecidos) e prima de posto (nos casos establecidos).

-Salario de convenio (xornal + r. voluntaria): 4,5% lineal por categorías.

Icrtº ptas./horaS. mínimo

ptas./hora

-Peóns21,64457,04-Especialistas22,51481,11-Esptas. cualificados23,21492,29-Oficiais de 3ª de oficio26,56566,29-Oficiais de 2ª de oficio27,54594,52-Oficiais de 1ª de oficio28,97621,79

As retribucións do persoal horario serán incrementadas sobre as existentes o 31-12-1994 como segue:

-Primas de producción e posto: 4,46% (reaxuste para aboamento dos días 26 e 27 de decembro, con prima)

Artigo 28º.-Saltos salariais.

Con independencia dos incrementos xerais pactados en convenio colectivo e dos derivados do réxime de ascensos, a empresa poderá realizar incrementos salariais con carácter individual aplicables ó xornal.

En 1995 o número de saltos salariais será de 45.

Artigo 29º.-Primas de producción directa.

Aplicaranse na forma indicada no Regulamento de réxime interior da empresa, pero atribuíndolle ó minuto producido o valor de 3,8901 pesetas ata 72 minutos hora (kb 1,20) e de 4,2278 pesetas para os minutos hora que excedan de 72, ou, o que é o mesmo, aplicaranse as seguintes fórmulas:

-Ata kb 1,20 prima= 233,4032 x kb ptas./hora

-Desde kb 1,21 prima= 253,674 x kb-24,325 ptas./hora

Artigo 30º.-Primas de producción indirecta.

Pagaranse de acordo co coeficiente de rendemento obtido e mediante a aplicación da fórmula seguinte:

Prima en ptas./hora=174,732 x coef. + 89,2926.

Artigo 31º.-Primas de cualificación de postos de peóns e especialistas.

Aplicaranse, na forma e casos que prevé o Regulamento de réxime interior da empresa, cos valores seguintes:

2: 0,10663 ptas./minuto.

3: 0,21348 ptas./minuto.

4: 0,41149 ptas./minuto.

5: 0,57847 ptas./minúto.

6: 0,80507 ptas./minuto.

7: 1,00172 ptas./minuto.

8: 1,22478 ptas./minuto.

9: 1,45270 ptas./minuto.

A prima fixa de cualificación de posto establécese en:

-Para reguladores especialistas: 100,03 ptas./hora

-Para xefes de equipo especialistas: 132,88 ptas./hora

Artigo 32º.-Primas de postos non cronometrados.

A prima fixa para os postos non cronometrados establécese cos seguintes valores:

-Peóns: 201,20 ptas./hora.

-Especialistas: 222,33 ptas./hora.

-Esptas. cualificados: 222,23 ptas./hora.

-Oficiais de 3ª: 247,90 ptas./hora.

-Oficiais de 2ª: 257,28 ptas./hora.

-Oficiais de 1ª: 264,87 ptas./hora.

Artigo 33º.-Improductividades.

Aboaranse como horas productivas (con prima media) as dedicadas a limpeza de fin de semana e as paradas que se deban a causas alleas á vontade dos traballadores. Así mesmo, aboarase como productivo o tempo de consulta derivado de accidente de traballo ou de recoñecemento anual obrigatorio realizados no servicio médico da empresa.

Artigo 34º.-Prima de puntualidade e asistencia.

Este complemento, destinado a premia-la asiduidade e puntualidade do persoal horario ó traballo, aplícase sobre as horas ordinarias segundo práctica habitual, fixándose o seu valor en 8,92 ptas./hora para tódalas categorías.

As condicións de aplicación da prima de asistencia e puntualidade son as seguintes:

-Devengarase por quincenas naturais.

-Calquera falta de puntualidade ou asistencia ó traballo, considerada inxustificada, determinará a parda total da prima da quincena.

-As ausencias xustificadas levarán consigo a deducción sobre a prima correspondente ós tempos traballados dun 25% por cada ausencia, calculado sobre o importe teórico da totalidade da quincena. Sen embargo, non terá lugar a deducción anterior nos casos de ausencia por incapacidade laboral tran-

sitoria debida a accidente de traballo nin de permisos regulamentarios retribuídos.

Esta redacción substitúe e deixa sen vixencia o artigo 95 do Regulamento de réxime interior.

Artigo 35º.-Prima de presencia.

Con obxecto de premia-la presencia continuada no traballo, establécese e prima de presencia para tódolos traballadores da empresa, con suxeición ós seguintes criterios:

1.-A prima devengarase por meses naturais completos en situación de alta no cadro de persoal.

2.-O traballador que non teña ningunha ausencia ó traballo durante o mes percibirá unha prima de 3.483 ptas. por cada unha das doce mensualidade ordinarias e que lle será aboada na nómina correspondente.

Non terán a consideración de ausencias para os efectos desta prima:

-As vacacións oficiais.

-Os permisos por premio de asistencia.

-Os permisos regulamentarios retribuídos.

-Os descansos derivados de recuperación voluntaria.

-A folga xeral.

Enténdese por ausencia a perda dunha xornada de traballo completa.

Artigo 36º.-Traballos tóxicos, penosos ou perigosos.

Seguiranse os criterios da ordenanza do traballo para a industria siderometalúrxica en canto á determinación dos postos de traballo que teñen dereito á bonificación por penosidade, toxicidade ou perigosidade, pero fixando a contía de 18,21 ptas./hora para todo o persoal afectado por este concepto.

Artigo 37º.-Complementos salariais.

Teñen este carácter os seguintes:

-Nocturnidade especial: 78,50 ptas./h.

-Complemento carencia transporte (locomoción): 16 ptas./km.

-Complemento xornada especial (festividade): 415,73 ptas./h.

-Complemento de recuperación de xornada: 415,73 ptas./h.

-Responsabilidade liña: 84,05 ptas./h.

-Correquendas: 7,73 ptas./h.

-Complemento horas extras nocturnas: 78,50 ptas./h.

Artigo 38º.-Trienios.

Mantense o criterio de trienios para todo o persoal ó que as normas regulamentarias lle recoñecen o dereito a percibi-la antigüidade, e aboaranse con base nos seguintes tipos:

-Persoal horario: 7,50 ptas./hora por trienio

-Persoal mensual: 25,476 ptas./ano por trienio.

Artigo 39º.-Horas extraordinarias.

A empresa deberalles comunicar ós traballadores afectados a necesidade de traballar en horas extraordinarias cunha antelación suficiente, e cando menos deberá efectuarse 24 horas antes do dia en que deban realizarse, salvo naqueles casos considerados de forza maior ou para previr ou reparar sinistros ou outros danos extraordinarios e urxentes, caso no que se considerará obrigatoria a prestación.

Procurarase que a xornada laboral total (normal+extraordinaria) non exceda de 12 horas ó día. O comité de empresa será informado dos casos de imposibilidade, se se producen, e as súas causas.

Se as circunstancias técnicas e productivas así o esixiren, a empresa poderá establece-la realización dun máximo de 80 horas extraordinarias estructurais por traballador e ano. A posible realización destas horas extraordinarias estructurais será voluntaria.

As horas extraordinarias serán compensadas economicamente ou mediante tempo equivalente de descanso.

A fórmula para establece-lo valor da hora ordinaria sobre a cal se apliquen os recargos que correspondan continuará sendo a actual, partindo duns valores ano que comprendan as primas e incentivos ó valor kb=1, e estando o devengo anual constituído exclusivamente polos conceptos retributivos de salario e antigüidade, no caso do persoal mensual; e de salario base máis retribución voluntaria (de se-lo caso) máis antigüidade (3.400 horas) e prima (2.448 horas) no caso do persoal horario:

Devengo anual x 12.

Valor base.

Hora ordinaria 1.736 h. x 14.

Ó valor resultante incrementaráselle o recargo do 100%.

No caso de compensación por tempo equivalente ademais do tempo de descanso percibirase o complemento de recuperación de xornada e nos días considerados festivos, os complementos de festividade e locomoción.

O traballador optará por unha das dúas fórmulas (a cobrar ou a desfrutar) previamente.

Artigo 40º.-Gratificacións extraordinarias e vacacións.

Persoal mensual:

En ámbolos dous casos a retribución será equivalente ó saldo mensual respectivo.

Persoal horario:

As pagas extraordinarias de xullo e Nadal serán aboadas a razón de 25 días laborables e 5 festivos cada unha delas.

As vacacións aboaranse a razón de 30 días laborables incluíndo, ademais da media de primas de

producción, os pluses de toxicidade, penosidade e perigosidade, obtidos nos tres últimos meses traballados.

A empresa aboarálle-las ditas pagas extraordinarias completas a tódolos traballadores que estivesen en situacións de ILT no semestre anterior, tomando no caso do persoal horario como prima base a media dos tres últimos meses traballados.

Artigo 41º.-Retribución persoal mensual e táboa de retribucións mínimas.

As retribucións do persoal mensual serán incrementadas nun 4,5% sobre as existentes o 31 de decembro de 1994.

As táboas de retribucións mínimas para o persoal mensual sitúense nas contías seguintes por categorías:

Grupo subalterno

-Cabo de gardas: 2.484.250 ptas./ano.

-Vixilante: 2.121.969 ptas./ano.

-Ordenanza: 1.932.198 ptas./ano.

-Telefonista: 1.932.198 ptas./ano

Grupo administrativo

-Xefe administrativo de 1ª: 3.105.455 ptas./ano.

-Xefe administrativo de 2ª: 2.760.281 ptas./ano.

-Oficial administrativo de 1ª: 2.484.250 ptas./ano.

-Oficial administrativo de 2ª: 2.104.719 ptas./ano.

-Auxiliar administrativo: 1.932.198 ptas./ano.

Grupo técnico

Técnicos de taller:

-Xefe de taller: 3.105.455 ptas./ano.

-Contramestre: 2.760.281 ptas./ano.

-Encargado: 2.484.250 ptas./ano.

Técnicos de oficina:

-Delineante proxectista: 2.760.281 ptas./ano.

-Delineante de 1ª: 2.484.250 ptas/ano.

-Delineante de 2ª: 2.162.665 ptas./ano.

-Auxiliar delineante: 2.070.212 ptas/ano.

Técnicos de organización:

-Xefe de organización de 1ª: 3.105.455 ptas./ano.

-Xefe de organización de 2ª: 2.863.792 ptas./ano.

-Técnico de organización de 1ª: 2.587.769 ptas/

ano.

-Técnico de organización de 2ª: 2.346.240 ptas./

ano.

-Auxiliar de organización: 2.121.969 ptas./ano.

Técnicos de laboratorio:

-Xefe de laboratorio de 1ª 3.105.455 ptas./ano.

-Xefe de laboratorio de 2ª: 2.760.281 ptas./ano.

-Analista de 1ª: 2.484.250 ptas./ano.

-Analista de 2ª: 2.162.665 ptas/ano.

-Auxiliar de laboratorio: 2.070.212 ptas./ano.

Técnicos titulados:

-Enxeñeiro: 2.760.281 ptas./ano.

-Licenciado: 2.760.281 ptas./ano.

-Perito/enxeñeiro técnico: 2.346.240 ptas./ano.

-Axudante técnico sanitario: 2.346.240 ptas./ano.

Artigo 42º.-Garantía salarial.

No caso de que o índice de prezos ó consumo (IPC) establecido polo INE rexistrase o 31 de decembro de 1995 un incremento superior ó 4,5% respecto a cifra que resultase do dito IPC ó 31-12-1994, en canto se constate oficialmente esta circunstancia, modificaranse as cifras salariais na porcentaxe necesaria para garantir que os novos niveis o 31-12-1995 superen os do 31-12-1994 no valor do mencionado IPC.

Así mesmo, ó persoal aboaráselle unha cantidade compensatoria da que tería recibido se os niveis salariais a 31-12-1995 resultantes da aplicación da presente cláusula de garantía salarial entrasen en vigor o 1 de xaneiro do dito ano.

Esta cantidade aboarase dunha soa vez na primeira nómina normal tecnicamente posible e integrarase nas remuneracións do dito mes para efectos de cotización á Seguridade Social e IRPF.

TÍTULO V

PREVISIÓN E POLÍTICA SOCIAL

Artigo 43º.-Formación.

GKN Indugasa organizará cursos de perfeccionamento profesional en función das necesidades creadas pola evolución da tecnoloxía e técnicas de xestión, así como cursos específicos de seguridade e primeiros auxilios.

A asistencia a eles será voluntaria e gratuíta para o persoal.

Así mesmo, facilitarase no posible, mediante a adaptación do horario de traballo, a asistencia do persoal a cursos de formación que pola súa iniciativa desexe realizar.

Permitiráselles, na medida do posible, a realización de prácticas ós fillos do persoal con titulación de FP II nas especialidades de mecánica, electricidade e electrónica, durante o período de vacacións xerais da empresa. Proporcionaráselles unha bolsa como axuda de manutención e traslado.

Constitúese unha comisión consultiva e de seguimento do plan de formación e de negociación de subvencións pola Administración.

Esta comisión estará formada por tres membros do comité de empresa e tres membros representantes da dirección e establecerá un calendario de reunións para seguimento do devandito plan.

O persoal de man de obra directa que, por necesidades da empresa, realice formación fóra do seu horario de traballo, percibirá unha axuda compensatoria de gastos de desprazamento e manutención, en contía equivalente ó salario de convenio da súa categoría mailo plus de transporte.

Artigo 44º.-Bolsas.

A empresa concederá en 1995 bolsas de estudio por un importe total de 3.966.000 ptas. para:

-Carreiras superiores.

-Carreiras medias.

-Estudios de EXB, BUP e COU.

-Estudios de formación profesional de 1º e 2º grao.

-Outros estudios.

Atenderanse en primeiro lugar as solicitudes para estudios propios do persoal e destinaranse a cubrir gastos de matriculación e textos base do curso de que se trate. No caso de quedaren bolsas de estudio sen conceder, estas serán aplicadas ós fillos dos traballadores que aprobasen a totalidade das materias no mes de xuño, segundo o seguinte criterio en función dos grupos de estudios considerados:

Grupo 1: EXB.

Grupo 2: BUP, COU e FP.

Grupo 3: carreiras medias e superiores.

As bolsas de estudio terán a proporción 3, 2, 1.

I: proporcional a 3, para o grupo 3.

II: proporcional a 2, para o grupo 2.

III: proporcional a 1, para o grupo 1.

Para percibi-lo importe das bolsas de estudio será imprescindible presenta-lo resgardo da matrícula e a factura dos libros e material de ensino para os estudios indicados.

Para a selección de solicitudes crearase unha comisión paritaria composta por tres membros do comité de empresa e tres representantes da dirección que actuará segundo as normas establecidas en convenio.

Artigo 45º.-Seguros

A empresa manterá os seguros de accidentes que actualmente ten establecidos para o persoal que por necesidades do servicio deba desprazarse a unha localidade distinta da súa residencia habitual.

Continuará o seguro colectivo de vida existente con cargo á empresa, e que comprende a todo o persoal dela. O capital asegurado será equivalente ó salario anual, tomando o nivel de 1 de xaneiro de cada ano.

As coberturas deste seguro serán:

a) Morte natural: aboamento do capital asegurado.

b) Morte por accidente, incluído o de circulación: aboamento de dúas veces o capital asegurado.

c) Invalidez permanente total: aboamento do capital asegurado.

d) Invalidez peumanente absoluta: aboamento do capital asegurado.

e) Gran invalidez: aboamento do capital asegurado.

Esténdese así mesmo a cobertura deste seguro ás persoas en situación de invalidez provisional ata o tempo máximo previsto no artigo 133.1 d) do Decreto 2065/1974, do 30 de maio. Para iso é imprescindible que os afectados, no mes de xaneiro de cada ano, informen e xustifiquen ante a empresa as súas circunstancias.

Nestes casos os capitais asegurados manterán o nivel que tiñan o 1º de xaneiro do ano en que se iniciou a situación de invalidez provisional.

Artigo 46º.-Mutualidade de previsión social.

A aportación mensual (12 meses ó ano) da empresa á mutualidade de previsión social de Indugasa durante a vixencia do presente convenio colectivo será de 590 ptas. por efectivo existente no cadro de persoal o último día de cada mes, para cubri-los fins actuais regulamentarios establecidos nos estatutos vixentes o 31-12-92.

Artigo 47º.-Préstamos para compra de vehículos.

En 1995 destinarase a cantidade de 4.350.000 ptas., recuperadas do fondo creado en 1981, como dotación para préstamos destinados á adquisición de vehículos para uso persoal, tanto novos coma usados.

As características destes préstamos serán as seguintes:

-Importe máximo vehículo novo: 500.000 pcsetas.

-Importe máximo vehículo usado: 30% do valor coche adquirido co límite máximo de 500.000 ptas.

-Prazo de devolución: 5 anos máximo.

-Xuros: 4,5%.

NORMAS PARA A CONCESIÓN

1.-Destinaranse á compra de vehículos adquiridos no ano actual.

2.-Establecerase unha única convocatoria destinada ós vehículos comprados do 1-1-1995 ó 31-12-1995. As solicitudes deberán presentarse entre o 1 e o 15 de xaneiro de 1996.

3.-O vehículo estará matriculado a nome do solicitante.

BAREMOS DE PUNTUACIÓN

Baremo e puntos

1. Carecer de vehículo polo menos os últimos 6 meses do ano anterior: 13.

2. Sinistro total: 12.

3. Vehículo máis antigo das solicitudes presentadas: 12.

4. Por cada ano de menor antigüidade: -1.

5. Importe vehículo novo (sen seguro) <1.500.000 ptas.: 10.

Importe vehículo novo (sen seguro) ata 1.600.000 ptas.: 9.

Importe vehículo novo (sen seguro) ata 1.700.000 ptas.: 8.

Importe vehículo novo (sen seguro) ata 1.800.000 ptas.: 7.

Importe vehículo novo (sen seguro) ata 1.900.000 ptas.: 6.

Importe vehículo novo (sen seguro) ata 2.000.000 ptas. : 5.

Importe vehículo novo (sen seguro) ata 2.100.000 ptas.: 4.

Importe vehículo novo (sen seguro) ata 2.200.000 ptas.: 3.

Importe vehículo novo (sen seguro) ata 2.300.000 ptas.: 2.

Importe vehículo novo (sen seguro) ata 2.400.000 ptas.: 1.

Importe vehículo novo (sen seguro) > 2.400.000 ptas.: 0.

6. Segundo vehículo unidade familiar: denegado.

A suma dos puntos obtidos por estes conceptos dará a orde de adxudicación dos préstamos.

En caso de empate daráselle preferencia ó solicitante con maior antigüidade na empresa.

Para a selección de préstamos crearase unha comisión paritaria composta por tres membros do comité de empresa e tres representantes da dirección, que actuarán segundo as normas establecidas en convenio.

Documentaeión acreditativa que cómpre presentar:

Fotocopia da documentación do vehículo actual se o posúe.

Fotocopia da documentación do vehículo adquirido.

Factura do vehículo adquirido ó seu nome.

Artigo 48º.-Saúde laboral.

O Comité de Seguridade e Hixiene no Traballo, constituído polo R.D. 432/1971, será o encargado de velar polo cumprimento da ordenanza de seguridade e hixiene no traballo e demais lexislación en materia de saúde laboral, para o que recibirá información das materias primas utilizadas no proceso productivo e as consignas de identificación, manipulación e primeiros auxilios en caso de accidente; dos resultados dos estudios medioambientais que se realicen e moi especialmente do mapa de ruídos, así como do resultado global dos recoñecementos anuais.

Así mesmo, o comité entenderá daqueles problemas referentes á protección da saúde e seguridade dos traballadores, como son:

Examina-la frecuencia dos accidentes e enfermidades profesionais para poder detecta-los postos en que se producen e as condicións que os crean, así como coñece-las investigacións realizadas polos técnicos da empresa ó respecto.

-Investiga-las causas dos accidentes e das enfermidades profesionais producidos na empresa, con obxecto da súa evitación e, nos casos graves e especiais, practica-las informacións correspondentes.

-Solicitar, a través do Servicio de Saúde Laboral, do persoal directivo, técnico e mandos intermedios da empresa, que prohíban ou paralicen, se é o caso, os traballos nos que se advirta perigo inminente de accidentes ou doutros sinistros profesionais, cando non sexa posible o emprego dos medios adecuados para evitalos.

O Comité de Seguridade e Hixiene disporá do tempo necesario para o eficaz exercicio das súas funcións e poderá solicitar, por proposta de calquera dos seus membros, a colaboración dos servicios técnicos da empresa, organismos oficiais e asesores técnicos externos.

TÍTULO VI

ACCIÓN SINDICAL

Artigo 49º.-Crédito horario.

As convocatorias por iniciativa da dirección non se imputarán sobre o crédito a que se refire o artigo 68 e) da Lei 8/1980, do 10 de marzo.

Artigo 50º.-Información sobre acción disciplinaria.

O comité de empresa será previamente informado á imposición de todo tipo de sanción.

Artigo 51º.-Procedemento de resolución de conflictos.

A representación dos traballadores e malia empresa obríganse a someter á comisión constituída para o efecto todas aquelas diverxencias que poidan ser obxecto de formulación de conflicto colectivo. Estas diverxencias, debidamente documentadas, serán obxecto de estudio da comisión ó longo das reunións que ámbalas partes xulguen precisas nun prazo máximo de 3 días, a fin de ter un exhaustivo coñecemento do tema. As resolucións desta comisión non serán vinculantes, salvo acordo por unanimidade. En caso de desacordo, queda salvagardada a tutela xudicial efectiva.

A devandita comisión estará constituída por un membro de cada unha das seccións sindicais con presencia do comité de empresa, que deberá reunir necesariamente a condición de membro de tal órgano ou delegado sindical, e outros tantos membros da empresa.

A propia comisión establecerá as normas do seu funcionamento.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Lexislación subsidiaria

No non previsto neste convenio e demais normativa de índole xeral, as partes oontratantes conveñen en que o texto da ordenanza de traballo para a industria siderometalúrxica do 29-6-1970 se aplicará a título

de dereito dispositivo en tanto que as ditas materias non estean reguladas por normativa expresa.

Segunda.-Vinculación á totalidade.

No suposto de que a xurisdicción laboral, no exercicio das atribucións que lle son propias, invalidase algúns dos pactos do convenio, quedaría este sen efecto, polo que debería ser reconsiderado de novo na súa totalidade. Con tal fin deberanse reuni-las partes contratantes a través das súas respectivas comisións negociadoras.