Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Mércores, 31 de maio de 1995 Páx. 4.011

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 21 de marzo de 1995, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación no Diario Oficial de Galicia da revisión do convenio colectivo de ámbito provincial para a empresa Concello de Xove (persoal laboral).

Visto o texto da revisión do convenio colectivo para a empresa Concello de Xove (persoal laboral), (código 2700672), da provincia de Lugo, asinado o 24 de febreiro de 1995, pola representación da mentada empresa e a dos seus traballadores, e de conformidade co disposto no artigo 90 apartados 2º e 3º da Lei 8/1980, do 10 de marzo, do Estatuto dos traballadores e no Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo.

Esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la inscrición da revisión do citado convenio colectivo no rexistro de convenios desta delegación, así como o seu depósito.

Segundo.-Remiti-lo texto da revisión do mentado convenio colectivo á Dirección Xeral de Relacións Laborais da Xunta de Galicia.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Lugo, 21 de marzo de 1995.

Manuel Bande Díaz

Delegado provincial de Lugo

ACTA

Asistentes:

Presidente: José Vázquez Portomeñe.

Representación empresarial: Jesús López González, alcalde do Concello de Xove.

Asesor: José Luis Muñoz Ayala.

Representación social: Nilo Campo Santos, delegado de persoal.

En Xove (Lugo), o vintecatro de febreiro de mil novecentos noventa e cinco, reúnense os á marxe relacionados, integrantes da Comisión Negociadora do vixente convenio de persoal laboral do Concello de Xove, co obxecto de aproba-la revisión das táboas salariais.

Tras varias intervencións dos asistentes, tómanse os seguintes

ACORDOS:

Primeiro.-Aproba-las táboas salariais para o ano 1995, do convenio de persoal laboral do Concello de Xove, con un incremento do 3,50% sobre os salarios que rexeron nos anos 1993 e 1994, período este no que non tiveron variación ningunha.

Segundo.-Remitir esta acta, en unión das táboas salariais para o ano 1995, á autoridade laboral competente para o seu rexistro e publicación no BOP.

E, en proba de conformidade, asinan a presente acta, no lugar e data ó principio expresados.