Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Mércores, 31 de maio de 1995 Páx. 4.011

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

RESOLUCIÓN do 8 de maio de 1995, da Dirección Xeral de Formación Pesqueira e Investigación, pola que se fan públicas as listas de solicitantes admitidos e excluídos para a concesión de bolsas para a realización de estudios sobre a pesca en Galicia.

Rematado o prazo para a presentación de solicitudes de bolsas de especialización para a realización de estudios sobre a pesca en Galicia, convocadas por orde da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura do 30 de xaneiro de 1995 (DOG nº 62, do 29 de marzo), e revisadas tódalas solicitudes recibidas procede, de conformidade coa base quinta 4 da citada convocatoria, publica-las listas de solicitantes admitidos e excluídos.

En consecuencia esta dirección xeral,

RESOLVE:

Primeiro.-Facer pública a relación de solicitantes admitidos e excluídos para a concesión de bolsas de especialización para a realización de estudios sobre a pesca en Galicia, que son os que seguen:

Admitidos:

Mª del Carmen Ferré Álvarez

Carlos Laredo Beloso

Mª Rosa Núñez Barros

Carlos Rodríguez López

José Manuel Vázquez Lijo

Excluídos:

José Mª Aller Fernández, por non presentar ningunha documentación da requirida.

José Carlos Costa González, por incumpli-lo establecido na base terceira c).

Segundo.-Contra esta resolución poderase formular reclamación, para emendar erros e faltas de documentación, no prazo de dez días contados desde o seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia de acordo co establecido no artigo 71 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. A reclamación presentarase no rexistro xeral da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura ou por calquera das formas previstas no artigo 38.4º da dita lei.

Terceiro.-Comunícase a reducción do número de bolsas que se van conceder a dúas (unha por área) en aplicación do establecido no artigo 3 da Orde do 30 de xaneiro de 1995 (DOG nº 62, do 29 de marzo).

Santiago de Compostela, 8 de maio de 1995.

Ana María Gallego Castro

Directora xeral de Formación Pesqueira e Investigación