Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Mércores, 31 de maio de 1995 Páx. 4.011

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

RESOLUCIÓN do 3 de maio de 1995, da Dirección Xeral de Formación Pesqueira e Investigación, pola que se fan públicas as listas de solicitantes admitidos e excluídos para a concesión de bolsas de especialización de titulados superiores no campo da investigación mariña.

Rematado o prazo para a presentación de solicitudes de bolsas de especialización de titulados superiores no campo da investigación mariña, convocadas por orde da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura do 23 de xaneiro de 1995 (DOG do 27 de marzo), e revisadas tódalas solicitudes recibidas procede, de conformidade coa base 5º.4 da citada convocatoria, publica-las listas de solicitantes admitidos e excluídos.

En consecuencia, esta dirección resolve:

Primeiro.-Facer pública a relación de solicitantes admitidos e excluídos para a concesión de bolsas de especialización de titulados superiores no campo da investigación mariña. As devanditas listas estarán expostas nos taboleiros da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura e nas súas delegacións territoriais e delegacións comarcais.

Segundo.-Contra esta resolución poderase formular reclamación, para enmendar erros e faltas de documentación, no prazo de dez días contados desde o seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia de acordo co establecido no artigo 71 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. A reclamación presentarase no rexistro xeral da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura ou por calquera das formas previstas no artigo 38.4º da devandita lei.

Santiago de Compostela, 3 de maio de 1995

Ana Mª Gallego Castro

Director xeral de Formación Pesqueira

e Investigación