Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Mércores, 31 de maio de 1995 Páx. 4.024

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 4 de maio de 1995 pola que se convoca unha segunda edición do curso sobre Xestión Orzamentaria e Contable para os Entes Locais.

Transcorrido o prazo de admisión de instancias para o curso sobre Xestión Orzamentaria e Contable para os Entes Locais convocado por Resolución do 30 de marzo de 1995 (DOG nº 24, do 18 de abril) e á vista do elevado número de solicitudes, convócase unha segunda edición do dito curso que se rexerá polas mesmas bases, ás que deberán engadirse as seguintes:

Primeira.-Datas de celebración.

A segunda edición do curso terá lugar entre o 18 de setembro e o 13 de novembro, os luns e mércores laborables.

Segunda.-Prazo.

Ábrese un novo prazo de presentación de instancias que rematará o día 23 de xuño de 1995. As persoas que tiveran solicitado o primeiro curso e non resultaran admitidas non necesitarán formular unha nova solicitude.

A admisión notificarase persoalmente ós interesados a partir do día 29 de xuño.

Terceira.-Valoración.

Para os efectos do establecido na Resolución do INAP do 26 de outubro de 1994, BOE nº 267, do 8 de abril e corrección de erros BOE nº 311, do 29 de decembro, pola que se establecen os criterios de recoñecemento e valoración dos cursos de Administración local en cumprimento do establecido na orde do ministerio para as administracións públicas do 10 de agosto de 1994, ó presente curso outórgaselle unha puntuación de 0,70 puntos.

Santiago de Compostela, 4 de maio de 1995.

Xaime Rodríguez-Arana Muñoz

Director da Escola Galega de Administración Pública