Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Mércores, 31 de maio de 1995 Páx. 4.001

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 2 de maio de 1995, da Dirección Xeral de Ordenación Educativa e Centros, pola que se dictan instruccións para a organización das actividades do final do curso 1994-1995 para os centros de educación infantil e educación primaria/EXB.

Co fin de organiza-las actividades de final de curso con criterios uniformes nos centros de educación infantil, educación primaria/EXB e as súas modalidades, esta dirección xeral resolveu dicta-las seguintes instruccións:

1. Os comedores escolares funcionarán ata o día 30 de maio.

2. A partir do día 1 de xuño ata o 22, inclusive, as actividades escolares desenvolveranse en xornada única de 4 horas, sen prexuízo do cumprimento por parte do profesorado do horario que lle corresponda. Os centros que conten con servicio de comedor iniciarán a devandita xornada única o día 31 de maio.

3. O período comprendido entre o 23 e o 30 de xuño será dedicado polo profesorado a elabora-las actas de avaliación e as fichas de recuperación estival e a cubri-los libros de escolaridade, permanecendo todo o profesorado, tanto de educación infantil como de educación primaria/EXB, así como das súas modalidades, no centro ata o día 30 de xuño, inclusive.

4. Os directores dos centros adoptarán as medidas oportunas para facilita-lo exercicio, por parte dos pais ou titores dos alumnos, do dereito a presentar reclamación contra as cualificacións finais, segundo establece o punto 4.7º da Orde do 15 de xullo de 1991, así como para a actuación da comisión prevista neta.

5. De acorde co establecido no punto 2.1º da orde da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria do 15 de xullo de 1991, ó longo do mes de xuño, o equipo directivo, logo do informe do claustro de profesores, elaborará unha memoria que recolla o grao de consecución dos obxectivos fixados na programación xeral anual, as dificultades atopadas e as medidas conrectoras introducidas, se é o caso. A devandita memoria, co informe do consello escolar do centro, enviarase ó Servicio de Inspección na primeira semana de xullo e terase en conta á hora de elabora-la programación do curso seguinte sobre todo para programar novamente obxectivos non acadados parcialmente no curso anterior e artellar novos medios para logralos.

6. Co fin de axiliza-lo proceso de matriculación nos institutos de educación secundaria/BUP e FP dos alumnos que finalicen os seus estudios de EXB, os directores dos centros entregaranlles ós alumnos que o soliciten unha certificación acreditativa de que foron propostos para que se lles expida o título de graduado escolar, con mención expresa da cualificación global obtida, ou ben o certificado de escolaridade, sinalando explicitamente o nivel superado. A devandita certificación será suficiente para efectua-la inscrición nos centros de educación secundaria/bacharelato e formación profesional, condicio

nada, en todo caso, á presentación nos centros dos niveis citados do libro de escolaridade, debidamente dilixenciado, antes dos días 20 de xullo e 14 de setembro, segundo a finalización dos estudios de EXB sexa en xuño ou setembro, respectivamente. Para estes efectos a inspección adoptará as medidas oportunas, para que os libros estean visados e devoltos ós centros antes dos días 14 de xullo e 12 de setembro, respectivamente.

7. Os centros deberán observa-las normas fixadas no Decreto 89/1993, do 19 de abril (DOG do 27) polo que se regula a autorización de libros de texto e outros materiais curriculares para as ensinanzas de réxime xeral. Para tal efecto expoñerán no taboleiro, na primeira quincena de xuño, a relación de libros e material didáctico impreso que se utilizará no curso 1995/1996 e enviarana á inspección antes do día 24 de xuño. Así mesmo observarase a prohibición da venda e/ou distribución de libros e material didáctico nos centros tanto por persoal do colexio como por persoas alleas a el.

Santiago de Compostela, 2 de maio de 1995.

Gerardo Muñoz Sánchez-Brunete

Director xeral de Ordenación Educativa e Centros