Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Mércores, 31 de maio de 1995 Páx. 4.000

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 5 de abril de 1995 pola que se corrixe a do 1 de outubro de 1994 pola que se convocan axudas económicas para a realización de prácticas en empresas para alumnos e alumnas que cursan ensinanzas de formación profesional de segundo grao e ensinanzas de artes aplicadas e oficios artísticos.

Advertido erro na citada orde, publicada no DOG nº 202, do 19 de outubro de 1994, cómpre efectua-la seguinte corrección:

Na páxina 6.886, artigo décimo primeiro, onde di: «O pagamento farase a cargo da aplicación orzamentaria 07.06.322P.482.00 que figura...», debe dicir: «O pagamento farase a cargo das aplicacións orzamentarias 07.04.322P.482.04 e 07.04.322P.482.09 que figuran...».

Santiago de Compostela, 5 de abril de 1995.

Juan Piñeiro Permuy

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria