Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Mércores, 31 de maio de 1995 Páx. 4.000

II. AUTORIDADES E PERSOAL

SUBSTITUCIÓNS:

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

DECRETO 149/1995, do 30 de maio, polo que se acorda encargar do despacho de asuntos da Presidencia, durante a ausencia do seu titular, o conselleiro da Presidencia e Administración Pública.

Con motivo da viaxe do presidente da Xunta de Galicia a París (Francia), cómpre prove-la substitución durante o tempo da súa ausencia.

Polo tanto, en uso das atribucións que me confire o artigo 26.7º da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente,

DISPOÑO:

Artigo único.-Durante a ausencia do presidente da Xunta de Galicia, con motivo da súa viaxe a París (Francia), encárgaselle o despacho de asuntos da Presidencia, desde o día trinta e un de maio ata o seu regreso, ó conselleiro da Presidencia e Administración Pública.

Santiago de Compostela, trinta de maio de mil novecentos noventa e cinco.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente