Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Martes, 30 de maio de 1995 Páx. 3.996

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 24 de abril de 1995, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai público o depósito da acta de constitución e dos estatutos da Asociación Gallega de la Distribución, Comercio e Industria de la Alimentación, Bebidas y Productos de Limpieza-Disgal.

En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, faise público que, no correspondente servicio desta dirección xeral, foron depositadas acta de constitución e estatutos da Asociación Gallega de la Distribución, Comercio e Industria de la Alimentación, Bebidas y Productos de Limpieza-Disgal, que ten os seguintes ámbitos:

Territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.

Profesional: poderán pertencer á devandita asociación os empresarios que exerzan calquera das actividades do comercio ou a industria ou a distribución da alimentación, bebidas e productos de limpeza dentro do ámbito territorial da Comunidade Autónoma galega.

Asinan a acta de constitución: José Carlos Andrade Lago e sete persoas máis.

Santiago de Compostela, 24 de abril de 1995.

Juan Pedrosa Vicente

Director xeral de Relacións Laborais