Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Martes, 30 de maio de 1995 Páx. 3.996

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 31 de marzo de 1995, da Dirección Xeral de Xustiza e Interior, pola que se fai pública a resolución do expediente sancionador LU-1/94.

Intentada a notificación directa ó interesado da resolución dictada pola Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, no expediente de referencia, e ó non poder practicar esta, resolvín, ó amparo do previsto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, dispoñe-la publicación no Diario Oficial de Galicia da seguinte resolución:

«Sancionar ó titular do establecemento Bar O'Mesón, María Dolores García Seoane, con multa de vinte mil pesetas, 20.000 ptas., pola comisión dunha infracción grave das previstas no artigo 29 i) da Lei 14/1985, modificada pola Lei 7/1991 e sancionable a través dos artigos 31 e 32 da Lei 14/1985, por ter instalada unha máquina tipo «A» sen ter colocada nela nin en posesión do dono do local, a documentación esixida preceptivamente».

Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte da súa recepción, perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Comunícaselle ó interesado que ten un prazo de quince días hábiles contados desde o día seguinte ó da publicación desta resolución para efectua-lo pagamento dela en período voluntario, na conta restrinxida de recadación, a favor do Tesouro da Facenda galega, de multas e sancións número 311.152.108/7 da Caixa de Aforros de Galicia, oficina principal de Lugo. De non efectua-lo pagamento dentro do prazo establecido procederase á súa execución por vía de constrinximento.

Santiago de Compostela, 31 de marzo de 1995.

Joaquín Macías Sánchez

Director xeral de Xustiza e Interior