Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Martes, 30 de maio de 1995 Páx. 3.995

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

RESOLUCIÓN do 3 de maio de 1995, da Dirección Xeral de Servicios Sociais, pola que se anuncia concurso público para a contratación da subministración de equipamento para asistidos na residencia de Viana do Bolo (Ourense).

Equipamento para asistidos na residencia de Viana do Bolo (Ourense).

Orzamento de licitación: 16.590.000 ptas.

Exposición de proxectos:

Os pregos de bases poderán examinarse na Dirección Xeral de Servicios Sociais, ou nas delegacións provinciais da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais nas respectivas provincias, en días hábiles de 9 a 14 horas durante o prazo de presentación de solicitudes.

Prazo de presentación de proposicións:

Deberán presentarse no rexistro xeral da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, antes das 14 horas do décimo quinto día hábil a partir da publicación do concurso no Diario Oficial de Galicia ou por correo na forma indicada no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

Documentación a presentar polos licitadores:

-No sobre da documentación persoal: a documentación sinalada na cláusula 8.2 do prego de cláusulas administrativas polas que rexe a adxudicación do contrato.

-No sobre de documentación económica: a establecida na cláusula 8.3 do prego de cláusulas administrativas.

-No sobre da documentación de referencias técnicas: a establecida na cláusula 8.4 do prego de cláusulas administrativas.

Apertura de proposicións:

Realizarase pola Mesa de Contratación nas dependencias da sala de xuntas da Dirección Xeral de Servicios Sociais, a partir das 10 horas do undécimo día natural seguinte ó peche do prazo de admisión de ofertas.

No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar ó día hábil seguinte.

Anuncios:

Os anuncios do presente concurso público serán por conta do adxudicatario do contrato.

Santiago de Compostela, 3 de maio de 1995.

Manuel Aguilar López

Director xeral de Servicios Sociais

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS

LABORAIS