Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Martes, 30 de maio de 1995 Páx. 3.995

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ANUNCIO do 18 de abril de 1995, da Delegación Provincial da Coruña, polo que se sinala data para pagamentos do prezo xusto da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número 52071).

Fáiselles saber a tódolos propietarios dos bens e dereitos afectados polas instalacións da liña eléctrica a 15/20 kW e centro de transformación en Arbosa, Pontedeume, da entidade Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., que para os pagamentos prezo xusto por expropiación forzosa e imposición de servidumes de paso, conforme as indemnizacións acordadas polo Xurado Provincial de Expropiación, sinálase o día 22 de xuño, de 1995 ás 13 horas na Casa do Concello de Pontedeume.

Os pagamentos corresponderanse cos predios e interesados contidos na lista que se lle remite ó citado concello, e verificaranse de conformidade cos artigos 48, 49 e 50 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro, de 1954, e 48, 49, 50 e 51 do seu regulamento do 26 de abril de 1957.

A Coruña, 18 de abril de 1995.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña