Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Martes, 30 de maio de 1995 Páx. 3.996

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 2 de maio de 1995, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai público o depósito da acta de constitución e dos estatutos da Asociación de Centros Homologados.

En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos neste, faise público que, no correspondente servicio desta dirección xeral, foron depositadas acta de constitución e estatutos da Asociación de Centros Homologados, que ten os seguintes ámbitos:

Territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.

Profesional: poderán pertencer á devandita asociación os empresarios que exercen actividades no ámbito do ensino privado e ostenten a condición de centros homologados.

Asinan a acta de constitución: César Blanco Gómez, Javier Tesouro Borrajo, Ricardo Rodríguez Veloso e Mercedes de Manuel Villamarín.

Santiago de Compostela, 2 de maio de 1995.

Juan Pedrosa Vicente

Director xeral de Relacións Laborais