Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Martes, 30 de maio de 1995 Páx. 3.994

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

RESOLUCIÓN do 10 de maio de 1995, da Secretaría Xeral e do Patrimonio da Consellería de Economía e Facenda, pola que se fan públicas as razóns que xustifican a utilización do procedemento de contratación directa do alugueiro con opción de compra dun inmoble sito na rúa Feira Vella, s/n, de Ponteareas, para instalar dependencias da Comunidade Autónoma de Galicia.

En cumprimento do disposto no artigo 22.1º da Lei 3/1985, do 12 de abril, do patrimonio da Comunidade Autónoma e 55 do seu regulamento, e á vista das competencias que teño atribuídas conforme o Decreto 117/1994, do 4 de marzo, que fixa a estructura da Consellería de Economía e Facenda.

RESOLVO:

Facer público que, por razóns das peculiaridades do inmoble, se xustifica, logo da fiscalización da intervención delegada da Consellería de Economía e Facenda e por proposta da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, a utilización do procedemento de contratación directa do alugueiro con opción de compra dun inmoble sito na rúa Feira Vella, s/n, de Ponteareas, para instalación de dependencias da Comunidade Autónoma de Galicia.

Santiago de Compostela, 10 de maio de 1995.

Emilio Álvarez Rey

Secretario xeral e do Patrimonio da Consellería

de Economía e Facenda