Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Martes, 30 de maio de 1995 Páx. 3.994

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CINCO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de emprazamento (65/1994).

Por telo así acordado o maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número cinco de Santiago de Compostela, por providencia do día da data, dictada en xuízo de menor contía seguido neste xulgado co número 65/1994, sobre división ou partición de herdanza, pola presente cédula emprázase a Manuel Castro Mouro e a Elena Castro Mouro, para que, dentro do termo de vinte días, a contesten e comparezan en autos, constituíndose en parte en legal forma, baixo apercibimento de rebeldía e de recaer sobre deles os prexuízos a que houber lugar en dereito.

Santiago de Compostela, 1 de marzo de 1995.

A secretaria

Rubricado