Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Martes, 30 de maio de 1995 Páx. 3.994

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CATRO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de citación (142/1995).

En virtude do ordenado pola maxistrada do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número catro de Santiago de Compostela, Rosa del Carmen Collazo Lugo, nos autos de xuízo de faltas número 142/1995, que se seguen por furto, cítase a Manuel Gándara Rodríguez, en calidade de denunciado, e actualmente en ignorado paradoiro, para que o vindeiro día trinta e un de maio, ás once e vinte, asista á vista do correspondente xuízo de faltas, que terá lugar na sala de vistas do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número tres de Santiago de Compostela, sito na planta baixa do Pazo de Xustiza, r/ Algalia de Abaixo nº 24, co fin de celebra-lo correspondente xuízo de faltas, advertíndoo de que deberá asistir acompañado dos medios de proba de que intente valerse, e que se non o verifica, recaerán sobre el os prexuízos a que haxa lugar en dereito; faíselle saber que poderá asistir acompañado de avogado.

Santiago de Compostela o catro de maio de mil novecentos noventa e cinco.

O secretario

Rubricado

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CINCO DE

SANTIAGO DE COMPOSTELA