Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Martes, 30 de maio de 1995 Páx. 3.993

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación de sentencia (199/1993).

Gonzalo Jorge Cabaleiro de Saa, secretario da Administración de xustiza con destino no Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous dos de Santiago de Compostela, certifico que en el libro de sentencias dictadas por este xulgado en procedementos civís, consta a recaída nos autos de xuízo executivo número 199/1993, cun encabezamento e parte dispositiva que son do teor literal seguinte:

«Sentencia. En Santiago de Compostela o trece de xaneiro de mil novecentos noventa e cinco. Salvador Sanz Crego, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous dos desta capital, viu os presentes autos de xuízo executivo, seguidos perante esta xulgado co número 199/1993, promovidos pola Caixa de Aforros de Galicia, con domicilio social na Coruña, rúa Nova, número, 30, representado polo procurador Raposo Quintas, contra José Manuel Iglesias González, representado polo procurador Belmonte Pose e baixo a dirección do letrado Pensado Vázquez, e contra a

súa esposa María Eva Lourido Pérez, veciños de Teo, con domicilio en Vilariño-Campos, declarada en rebeldía.

Resolvo que estimando integramente a demanda interposta pola representación de Caixa de Aforros de Galicia contra José Manuel Iglesias López e Eva Lourido Pérez, e con desestimación da oposición deducida pola representación do primeiro dos executados, debo mandar e mando seguir adiante a execución despachada contra eles, ata lle facer pagamento ó parte actora da cantidade de 1.140.155 pesetas, máis os seus xuros ó tipo pactado, con imposición das custas.

Contra esta sentencia, por non ser firme, poderá interpoñerse neste xulgado e para ante a Audiencia Provincial da Coruña recurso de apelación no prazo improrrogable de cinco días, contados desde a súa notificación.

Así, por esta miña sentecia, da que se expedirá testemuño para a súa unión ós autos, pronúncioo, mándoo e asínoo».

A sentencia preinserta foi publicada no mesmo día da data polo maxistrado-xuíz que a subscribe; e para que conste e para que lle sirva de notificación en forma á demandada en situación procesual de rebeldía, María Eva Lourido Pérez, expido e asino a presente cédula en Santiago de Compostela o vinteoito de abril de mil novecentos noventa e cinco.

O secretario

Rubricado

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CATRO DE

SANTIAGO DE COMPOSTELA