Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Martes, 30 de maio de 1995 Páx. 3.993

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de citación de remate (144/1995-02).

En virtude do acordado en resolución do día da data dictada no xuízo executivo número 144/1995, que se segue neste xulgado por instancia de Banco Exterior de España, S.A., representado polo procurador Regueiro Muñoz, contra Luis Alberto Lescun Romero, por medio da presente cédula cítase de remate a Luis Alberto Lescun Romero, de quen se descoñece o domicilio actual, para que no termo de nove días compareza en forma en autos e se opoña á execución se lle convén coa prevención de que de non o facer no prazo indicado será declarado en rebeldía, seguindo o xuízo o seu curso sen lle facer máis notificacións nin citacións que as que a lei determine.

Faise constar que se practicou o embargo de bens suficientes como da súa propiedade sen previo requirimento de pagamento, por se ignora-lo seu paradoiro.

E, para que sirva de citación de remate a Luis Alberto Lescun Romero, expido a presente cédula que asino e selo en Santiago de Compostela o vintesete de abril de mil novecentos noventa e cinco.

O secretario

Rubricado

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE

SANTIAGO DE COMPOSTELA