Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Martes, 30 de maio de 1995 Páx. 3.993

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 24 de abril de 1995 pola que se nomea profesor titular de universidade da área de coñecemento de tecnoloxía electrónica, do departamento de Tecnoloxía Electrónica, a Jorge Marcos Acevedo.

Consonte a proposta elevada pola comisión constituída para xulga-lo concurso convocado por resolución da Universidade de Vigo do 23 de maio de 1994 (BOE do 10 de xuño), para a provisión de unha praza de profesor titular de universidade da área de coñecemento de tecnoloxía electrónica, do departamento de Tecnoloxía Electrónica da Universidade de Vigo, a prol de Jorge Marcos Acevedo, DNI nº 71.864.797, e cumprindo o interesado os requisitos a que alude o artigo 5.2º do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro,

Este rectorado, no uso das atribucións conferidas polo artigo 42 da Lei 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria, e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a Jorge Marcos Acevedo profesor titular de universidade da área de coñecemento de tecnoloxía electrónica, do departamento de Tecnoloxía Electrónica da Universidade de Vigo.

Este nomeamento surtirá plenos efectos a partir da correspondente toma de posesión polo interesado, que deberá efectuarse no prazo máximo de un mes, contado desde o día seguinte ó da publicación da presente resolución no Boletín Oficial del Estado.

Contra esta resolución que esgota a vía administrativa, poderán os interesados, logo de comunicación a este rectorado, interpoñer recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de 2 meses contados desde o día seguinte ó da súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Vigo, 24 de abril de 1995.

José Antonio Rodríguez Vázquez

Rector da Universidade de Vigo

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE

SANTIAGO DE COMPOSTELA