Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Martes, 30 de maio de 1995 Páx. 3.992

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

RESOLUCIÓN do 20 de abril de 1995 pola que se sinala o lugar, o día e a hora da celebración do sorteo para a provisión de prazas de corpos docentes universitarios. (Praza número 1294/1994).

Convocado concurso de méritos para as prazas de corpos docentes universitarios que se relacionan no anexo adxunto, e dando cumprimento ó disposto no artigo 6 do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro, en virtude da sentencia do Tribunal Constitucional do 27 de febreiro de 1987.

Este rectorado resolveu sinala-la celebración do sorteo correspondente ás prazas sinaladas no citado anexo, co fin de designa-los membros das comisións que serán elixidos por este procedemento, para o día 29 de maio de 1995, ás 12 horas.

O dito sorteo celebrarase na secretaría xeral da universidade (edificio de San Xerome, praza do Obradoiro, s/n).

Para os efectos previstos no artigo 6.6º do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro (Boletín Oficial del Estado do 26 de outubro), a partir da data da presente resolución faranse públicas as relacións dos profesores que participarán no sorteo no rectorado da universidade.

Das citadas relacións e no momento do sorteo serán excluídos aqueles profesores que:

-Pertenzan á mesma universidade á que corresponde a praza.

-Fosen nomeados para formaren parte da comisión pola universidade á que corresponde a praza.

As reclamacións contra as referidas relacións formularanse antes do día 15 de maio de 1995, dirixidas ó secretario xeral da Universidade de Santiago de Compostela.

O que se fai público para xeral coñecemento.

Santiago de Compostela, 20 de abril de 1995.

F. Darío Villanueva Prieto

Rector da Universidade de Santiago de Compostela

ANEXO

Concurso convocado por Resolución do 3 de xaneiro de 1995 (Boletín Oficial del Estado do 24 de xaneiro).

Concurso de méritos nº: 1294/1994.

Corpo: profesor titular de escola universitaria.

Área de coñecemento: filoloxías galega e portuguesa.

Presidente titular: Ramón Lorenzo Vázquez. C.U. Universidade de Santiago de Compostela.

Secretaria titular: Carme Ares Vázquez. T.E.U. Universidade de Santiago de Compostela.