Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Martes, 30 de maio de 1995 Páx. 3.992

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 28 de abril de 1995 pola que se fai pública a designación da comisión que resolverá o concurso para a provisión da praza 94/055 de corpos docentes universitarios convocado por esta universidade.

En cumprimento do disposto no Art. 6.8º do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro, modificado polo R.d. 1427/1986, do 13 de xuño, e unha vez designados os presidentes e vocais secretarios por esta universidade e celebrados os oportunos sorteos establecidos no artigo 6.6º do mencionado real decreto, mediante o que foron designados polo consello de universidades os vocais correspondentes.

Este rectorado fai pública a composición da comisión que resolverá o concurso para a provisión da praza de profesorado desta universidade Núm. 94/055, convocada por Resolución do 3 de outubro de 1994 (BOE do 25 de outubro), comisión que se relaciona como anexo a esta resolución.

A citada comisión deberá constituírse nun prazo non superior a catro meses, contados desde a publicación da presente resolución no Boletín Oficial del Estado.

Contra esta resolución os interesados poderán presentar reclamacións perante o rector da universidade no prazo de quince días hábiles a partir do seguinte á súa publicación.

A Coruña, 28 de abril de 1995.

José Luis Meilán Gil

Rector da Universidade da Coruña

ANEXO

Praza de: catedrático de E. U.

Área de coñecemento: medicina preventiva e saúde pública.

Praza nº: 94/055.

Comisión titular:

Presidente: Juan Jesús Gestal Otero, catedrático de universidade. Universidade de Santiago de Compostela.

Secretaria: Jurado Chacón, Dolores, catedrática de E.U. Universidade de Granada.

Vocais:

Gálvez Vargas, Ramón, catedrático de universidade. Universidade de Granada.

Domínguez Rojas, Vicente, catedrático de universidade. Universidade Complutense de Madrid.

Fernández-Crehuet Navajas, Joaquín, catedrático de universidade. Universidade de Málaga.

Comisión suplente:

Presidente: Domínguez Carmona, Manuel, profesor Emérito. Universidade Complutense de Madrid.

Secretario: Álvarez Dardet Díaz, Carlos, catedrático de E.U. Universidade de Alicante.

Vocais:

Sentis Vilalta, Juan - Catedrático de universidade. Universidade de Barcelona.

Gomez López, Luis Ignacio, catedrático de universidade. Universidade de Zaragoza.

Canteras Jordana, Manuel, catedrático de universidade. Universidade de Murcia.