Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Martes, 30 de maio de 1995 Páx. 3.995

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 30 de decembro de 1994, da Dirección Xeral de Ordenación Educativa e Centros, pola que se anuncia o extravío de título de bacharelato.

A Orde do 24 de agosto de 1988 (BOE do 30), pola que se regula o procedemento de expedicións de títulos, diplomas e certificados correspondentes ós estudios de educación xeral básica, bacharelato, formación profesional e ensinanzas artísticas, no seu apartado décimo primeiro, e a Resolución do 13 de decembro de 1988 (BOE do 12 de xaneiro de 1989), pola que se dan instruccións para a aplicación da citada orde, na súa instrucción oitava, establecen o procedemento no caso de extravío e posterior expedición de duplicado de títulos. Na súa virtude, a Dirección Xeral de Ordenación Educativa e Centros, resolveu,

Anuncia-lo extravío do título de bacharelato a nome de Renata Otero Ramallal.

Santiago de Compostela, 30 de decembro de 1994.

Gerardo Muñoz Sánchez-Brunete

Director xeral de Ordenación Educativa e Centros