Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Martes, 30 de maio de 1995 Páx. 3.989

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 17 de abril de 1995, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso-administrativo número 1/500/1995, interposto por Carmen Taboada García.

Notificóuselle á Consellería de Sanidade e Servicios Sociais providencia da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, pola que se admite o recurso contencioso-administrativo nº 1/500/95, interposto por Carmen Taboada García contra a Orde do 20 de xaneiro de 1995 (DOG nº 46, do 7 de marzo), pola que, en cumprimento da sentencia da antedita sala do 24 de outubro de 1994, se modifica a resolución da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade do 22 de maio de 1991 (DOG nº 106, do 5 de xuño), pola que se resolve o concurso-oposición libre para o ingreso na clase de practicantes titulares convocado por Orde do 9 de novembro de 1990 (DOG nº 224, do 14 de novembro) e se publica a relación de aspirantes seleccionados.

En consecuencia, esta dirección xeral acorda, de conformidade co disposto no artigo 64 da Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, a remisión do correspondente expediente administrativo á referida sala, o que se notifica para xeral coñecemento a tódalas persoas interesadas no procedemento e se emprazan para que poidan comparecer en forma en autos na sección primeira da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de nove días.

Santiago de Compostela, 17 de abril de 1995.

Carlos Negreira Souto

Director xeral de Recursos Humanos