Advertidos erros na devandita orde, publicada no DOG número 69 do venres, 7 de abril de 1995, cómpre efectua-las seguintes rectificacións:
Na páxina 2696, base común 11, apartado 2 onde di: «Coa finalidade da adxudicación de destino de carácter provisional para a realización do período
de prácticas, os aspirantes que superen o procedemento selec.», debe dicir: «Coa finalidade da adxudicación de destino de carácter provisional para a realización do período de prácticas, os aspirantes que superen o procedemnto selectivo deberán efectua-la solicitude, conforme o sistema».
Na páxina 2700, anexo I, apartado 1.3.3, onde di: «b) Ensino de idiomas: 1) Ciclo medio: 0,500», debe dicir: «b) Ensino de idiomas: 1) Ciclo elemental: 0,500».
Na páxina 2705, anexo IV, onde di: «53 Lingua galega e lit. BOE 21-3-1995», debe dicir: «53 Lingua galega e lit. DOG 21-3-1995».