Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Martes, 30 de maio de 1995 Páx. 3.987

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 21 de marzo de 1995, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación, no Diario Oficial de Galicia do convenio colectivo do sector de confeiterías, pastelerías e masas fritas.

Visto o expediente do convenio colectivo do sector de confeiterías, pastelerías e masa fritas, que tivo entrada nesta delegación provincial o día 6-3-1995 e completada a documentación o 17-3-1995, subscrito en representación da parte económica pola Asociación Provincial de Empresas de Confitería e Pastelería da Coruña, e, da parte social, por CIG, CC.OO. e UXT, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º da Lei 8/1980, do 10 de marzo, do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo, e Real decreto 2412/1982, de 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, desta delegación provincial, e notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación (SMAC)

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 21 de marzo de 1995.

Fernando Rodríguez Corcoba

Delegado provincial da Coruña

CONVENIO COLECTIVO DE CONFEITERÍAS

PASTELERÍAS, MASAS FRITAS, BOLOS

E XELADOS ARTESÁNS

Artigo 1º.-Ámbito de aplicación.

O presente convenio colectivo regulará as relacións laborais entre traballadores e empresas dedicadas a confeitería, pastelería, masa fritas, bolos e xelados artesáns, incluído persoal mercantil, con centros de traballo na Coruña e a súa provincia, a partir da data de entrada en vigor.

Artigo 2º.-Vixencia, duración e revisión.

A totalidade das cláusulas, tanto económicas como sociais, pactadas no presente convenio entrarán en vigor a partir do día 1 de xaneiro de 1994 e a súa duración será ata o 31 de decembro de 1994, a partir da data de entrada en vigor.

As retribucións acordadas e pactos no presente convenio terán efecto o mesmo día de entrada en vigor calquera que sexa a data da súa publicación no Boletín Oficial da provincia.

Este convenio prorrogarase tacitamente de ano en ano, salvo denuncia de calquera das partes, que terá que terá que realizarse cunha antelación mínima ó período de vixencia ou de calquera das súas prórrogas de dous meses.

Artigo 3º.-Vixilancia.

No cumprimento do disposto no Estatuto dos traballadores, establécense, segundo o artigo 85 do mesmo, unha comisión paritaria, que estará formada por cinco representantes sindicais da UGT, CIG e CC.OO. e cinco representantes das asociacións patronais que interviron nas negociacións do presente convenio.

Artigo 4º.-Respecto dos dereitos, compensacións e absorción.

Sen prexuízo de que poida extenderse a calquera situación as melloras establecidas neste convenio nin a facultade de amplialalas, as empresas que veñan aboando ó seu persoal salarios superiores ós reglamentariamente esixidos, non estarán obrigadas a aplica-las elevacións que polas presentes estipulacións se fixen, salvo en cuantía necesaria para suplir diferencias.

Artigo 5º.-Asignacións económicas.

Fíxanse como mínimas as retribucións que figuran nas táboas de salarios que se sendo o incremento para o ano 1994 do catro por cento.

Artigo 6º.-Plus de transporte.

Establécese un plus de transporte de carácter inabsorbible, na contía de 220 pesetas diarias para 1994.

Este plus que percibirán tódolos traballadores, aboarase unicamente os días realmente traballados, e aboarase tamén no mes de vacacións.

Artigo 7º.-Gratificacións extraordinarias.

Establécense, para tódolos traballadores, tres pagas extraordinarias: unha en marzo, que corresponda á de beneficios, calculándose a razóns do nove pro cento do salario base máis antigüidade en cómputo anual; caso de ser inferior, será o que lle corresponda por 30 días de salario base máis antigüidade. Outra no mes de xullo, e a terceira no Nadal. Todas elas aboaranse a razón de 30 días de salario base máis antigüidade. Pagaranse os días 15 de xullo e 15 de decembro.

Artigo 8º.-Xubilación.

Os traballadores que se xubilen e conten cunha antigüidade mínima de 15 anos ó servicio da empresa, recibirán desta, como premio de xubilación, dúas mensualidades de salario por cada cinco anos máis de antigüidade; a partir dos citados 15, o dito premio incrementarase en 10.000 pesetas máis, sen limítacións.

Artigo 9º.-Falecemento.

No caso de que un traballador faleza estando en activo e leve, como mínimo, cinco anos ó servicio da empresa, esta aboaralles ós seus herdeiros, ou á persoa que el directamente designe, dúas men

sualidades de salario en concepto de socorro por defunción.

Artigo 10º.-Antigüidade.

Os traballadores que conforme ó previsto na normativa legal desfrutaran dun plus de antigüidade, seguirano percibindo segundo as porcentaxes actualmente en vigor. O importe da antigüidade calcularase sobre o salario base e manteranse ata a idade de 65 anos, sen limitación. O persoal de novo ingreso a partir do 1 de xaneiro de 1981 devengará a antigüidade, por trienios, do seis por cento, coas limitacións fixadas no Estatuto dos traballadores. A data inicial do cómputo de antigüidade será a do ingreso do traballador na empresa.

Artigo 11º.-Horas extraordinarias.

As horas extraordinarias aboaranse cun recargo do 100 por cento. O cálculo farase conforme o decreto de ordeación do salario.

Artigo 12º.-Nocturnidade.

O complemento por traballo nocturno que se establece no artigo 43 da vixente ordenanza laboral para as industrias de alimentación establécense no 40 por cento do salario base.

Artigo 13º.-Servicio militar.

Os traballadores que se atopen prestando o servicio militar, obrigatoria ou voluntariamente, e conten cunha antigüidade na empresa non inferior a dous anos, percibirán as gratificacións de xullo e Nadal integramente.

Artigo 14º.-Vacacións.

Os traballadores afectados por este convenio desfrutarán anualmente de 30 días de vacacións.

Artigo 15º.-Descansos.

Serán días de descanso para os traballadores e empresarios, sen perda de retribución por parte do persoal asalariado, o día 27 de abril, festividade da Nosa Señora de Montserrat, patrona da actividade de confeitería e pastelería, e o 25 de decembro, día de Nadal.

O citado descanso refirese tanto ós traballadores encadrados no presente convenio como ós empresarios ós que se refire o mesmo.

Se a primeira das ditas festividades coincidise en sábado ou domingo trasladarase ó luns seguinte.

Artigo 16º.-Licencias retribuídas.

As licencias serán retribuídas previo aviso e xustificación, con dereito a remuneración, polos motivos seguintes:

a) Quince días naturais no caso de casamento.

b) Tres días no caso de parto da esposa, no caso de enfermidade grave ou falecemento de parentes ata segundo grao. Se o traballador necesitase desprazarse fóra do domicilio habitual, será de catro días.

c) Un día no caso de enfermidade grave ou falecemento de fillos políticos.

d) Dous días por traslado de domicilio habitual.

e) Polo tempo indispensable polo cumprimento dun deber inescusable de carácter público ou persoal.

f) Un día en caso de bautizo, primeira comunión e vodas de parentes de primeiro grao.

Artigo 17º.-Xornada.

Nos obradoiros de confeitería e pastelería, a xornada de domingo e festivos non se poderá prorrogar máis das 12 horas, segundo sinala o artigo da ordeanza laboral do 8-7-1975.

Artigo 18º.-Xornada de traballo.

A xornada de traballo para as empresas e traballadores afectados polo presente convenio será de 40 horas semanais a partir da entrada en vigor do presente convenio.

Consideraranse como traballo efectivo o tempo destinado a bocadillo nas empresas que antes do ano 1983 viñeran concedendo este dereito.

Artigo 19º.-Enfermidades e accidentes.

A empresa aboaralle ó traballador en situación de incapacidade laboral transitoria derivada de enfermidade común ou accidente non laboral, un complemento que sumado á prestación correspondente da Seguridade Social alcance o 75 por cento dos seus devengos salariais desde o primeiro día ata o día 20 inclusive de baixa e a partir do 21 e por un período máximo de seis meses, o dito complemento alcanzará o 100 por cento dos devengos salariais do traballador.

Artigo 20º.-Seguro de vida.

As empresas virán obrigadas a concertar, con prima íntegras ó seu cargo, unha póliza de seguros en orde a cobertura e ós riscos de morte por acidente de traballo durante as 24 horas do día; garantindo o percibo da indemnización de 2.170.000 pesetas en ámbolos supostos. Esta cantidade será extensiva á invalidez total absoluta.

Artigo 21º.-Garantías sindicais.

Seguirase o disposto no Estatuto dos traballadores, no A.N.E., A.M.I. e A.E.S.

Artigo 22º.-Xubilación voluntaria.

Ós 60 anos: 170.000 pesetas.

Ós 61 anos: 158.000 pesetas.

Ós 62 anos: 146.000 pesetas.

Ós 63 anos: 122.000 pesetas.

Ós 64 anos: 110.000 pesetas.

Esta última idade de 64 anos enténdese sen prexuízo de que se, por disposición legal ou normativa similar, se rebaixase a idade de xubilación ata os ditos anos, quedaría sen efecto a prestación concedida de 110.000 pesetas, subsistindo os demais topes de xubilación tal e como se pactan no presente artigo.

Artigo 23º.-Roupa de traballo.

O persoal que polo seu traballo necesitase roupa de traballo, as empresas estarán obrigads a facilitar gratuitamente batas, fundas, panos, etc, sendo a duración das ditas pezas de roupa de un ano.

Artigo 24º.-Normas supletorias.

Considerarase normas supletorias de carácter xeral a ordeanza para as industrias de alimentación do 8-7-1975, así como os regulamentos de réxime interior daquelas empresas que os teñan en vigor, máis todo o novo en materia laboral que teña plena vixencia e non vaia en contra do pactado neste convenio colectivo.