Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Martes, 30 de maio de 1995 Páx. 3.986

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE CULTURA

ORDE do 27 de abril de 1995 pola que se declara de interese para a promoción do Camiño de Santiago o proxecto presentado polo centro de estudios melidenses-museo da terra de Melide, consistente na edición dun boletín do centro como publicación dos labores de análise e investigación cultural, en especial os relativos ó Camiño de Santiago.

O Decreto 245/1994, do 23 de xuño, regula o procedemento para que determinadas actividades e proxectos obteñan a declaración de interese para a promoción do Camiño de Santiago.

A súa disposición derradeira primeira faculta o conselleiro de Cultura para dicta-las disposicións necesarias para o desenvolvemento e execución deste decreto.

En virtude da referida autorización,

DISPOÑO:

Artigo único.

Declarar de interese para a promoción do Camiño de Santiago o proxecto presentado polo centro de estudios melidenses-museo da terra de Melide consistente na edición dun boletín do centro como publicación dos labores de análise e investigación cultural, en especial os relativos ó Camiño de Santiago, por considerar que se adapta ó disposto no Decreto 245/1994, do 23 de xuño, segundo a valoración feita pola comisión creada para o efecto pola Orde do 7 de marzo de 1995.

O proxecto queda inscrito no rexistro de actividades e proxectos de interese para a promoción do Camiño de Santiago co nº 002.

Os titulares das actividades ou proxectos declarados farán constar na execución deles que foron declarados de interese pola Consellería de Cultura.

Santiago de Compostela, 27 de abril de 1995.

Víctor Manuel Vázquez Portomeñe

Conselleiro de Cultura