Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 101 Luns, 29 de maio de 1995 Páx. 3.975

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 8 de maio de 1995, da Dirección Xeral de Recursos Económicos, pola que se anuncia concurso público, polo procedemento de urxencia, dunha subministración para a fabricación e distribución de talonarios de receitas oficiais do Sergas.

1. Nome e enderezo do servicio: Servicio Galego de Saúde, Dirección Xeral de Recursos Económicos, Subdirección Xeral de Presupostos e Xestión Económica, edificio administrativo de San Caetano, bloque 2, 2º, teléfono 54 54 00; fax 54 27 62, Santiago de Compostela.

2. Modalidade de adxudicación: concurso público polo procedemento de urxencia.

3. a) Lugar de entrega da subministración: ver prego de prescricións técnicas.

b) Natureza e cantidade dos productos que deben subministrarse: fabricación e distribución de talonarios de receitas oficiais do Sergas, nas cantidades sinaladas no prego de prescricións técnicas.

Orzamento total: cincuenta e cinco millóns cento vintecinco mil pesetas (55.125.000 ptas.), IVE incluído.

c) Indicacións relativas á posibilidade de que os subministradores liciten por partes ou polo conxunto das subministracións requiridas: a totalidade da subministración.

4. Prazo de entrega eventualmente imposto: ver prego de cláusulas administrativas, punto 2.2.

5. a) Nome e enderezo do servicio ó que poden solicitarse os documentos pertinentes: Dirección Xeral de Organización Sanitaria, Servicio de Prestacións e Asistencia Farmacéutica; edificio administrativo San Lázaro; teléfono 55 54 00, Santiago de Compostela.

b) Data límite para efectuar esta solicitude: 20 de xuño de 1995.

6. a) Data límite de recepción das ofertas: 27 de xuño de 1995.

b) Enderezo ó que deben dirixirse: rexistro xeral da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, Dirección Xeral de Organización Sanitaria. Edificios administrativos, San Caetano, Santiago de Compostela.

c) Lingua ou linguas nas que deben redactarse: castelán ou galego.

7. a) Persoas admitidas a asistir á apertura das ofertas: apertura en acto público.

b) Data, hora e lugar da dita apertura: sala de xuntas da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais ás 10 horas do 10 de xullo de 1995.

8. Fianzas e garantías esixidas: fianza provisional, 2% do orzamento de licitación (1.102.500 ptas.). Ver punto 8.2 apartado 8) do prego de cláusulas administrativas.

9. Modalidades esenciais do financiamento e pagamento ou referenciais ós textos que as regulan: aboar en conta.

10. Forma xurídica que deberá adopta-la agrupación de provedores: unión temporal de empresas.

11. Informacións e formalidades necesarias para a avaliación das condicións mínimas de carácter económico e técnico que deberá reuni-lo provedor: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

12. Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: tres meses desde a data de apertura das proposicións económicas.

13. Criterios que se seguirán para adxudica-lo contrato: ver prego de cláusulas administrativas, punto 10.

14. Outras informacións: no enderezo e servicio indicados no punto 5.

15. Data de envío do anuncio á Oficina das Publicacións Oficiais das Comunidades Europeas: 16 de maio de 1995.

16. Anuncios: o importe do anuncio da presente resolución na prensa e nos boletíns oficiais correrá por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 8 de maio de 1995.

Antonio Carbajo Romero

Director xeral de Recursos Económicos