Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 101 Luns, 29 de maio de 1995 Páx. 3.975

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 24 de marzo de 1995, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai público o depósito da acta de constitución e dos estatutos da Asociación Galega de Xestoras de Cooperativas e Comunidades de Propietarios de Vivendas (Xescoviga).

En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos neste, faise público que, no correspondente servicio desta dirección xeral, foron depositados acta de constitución e estatutos da Asociación Galega de Xestoras de Cooperativas e Comunidades de Propietarios de Vivendas (Xescoviga), que ten os seguintes ámbitos:

Territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.

Profesional: poderán pertencer á asociación os empresarios xestores de cooperativas ou comunidades de vivendas, que teñan corno actividade habitual a xestión, asesoría e administración de cooperativas e comunidades de vivendas que leven a cabo a ordenación do solo, para ordenalo, urbanizalo e edificalo na medida necesaria e proceder á construcción sobre o mesmo para os seus propios socios.

Asinan a acta de constitución: José F. Crespo M. e seis persoas máis.

Santiago de Compostela, 24 de marzo de 1995.

Juan Pedrosa Vicente

Director xeral de Relacións Laborais