1. Nome e enderezo do servicio: Servicio Galego de Saúde, Dirección Xeral de Recursos Económicos, Subdirección Xeral de Presupostos e Xestión Económica, edificio administrativo de San Caetano, bloque 2, 2º, teléfono 54 54 00; fax 54 27 62, Santiago de Compostela.
2. Modalidade de adxudicación: concurso público.
3. a) Lugar de entrega da subministración: ver prego de prescricións técnicas.
b) Natureza e cantidade dos productos que deben subministrarse: adquisición de 8.000 kits de fluoruro sódico ó 0,2% para colutorios escolares, nas cantidades sinaladas no prego de prescricións técnicas.
Orzamento total: trinta e oito millóns novecentas setenta e seis mil pesetas (38.976.000 ptas.), IVE incluído.
c) Indicacións relativas á posibilidade de que os subministradores liciten por partes ou polo conxunto das subministracións requiridas: a totalidade da subministración.
4. Prazo de entrega eventualmente imposto: ver prego de cláusulas administrativas, punto 2.2.
5. a) Nome e enderezo do servicio ó que poden solicitarse os documentos pertinentes: Dirección Xeral de Saúde Pública, Servicio de Educación para a Saúde; Avda. do Camiño Francés, 10 baixo; teléfono 54 29 30, fax 54 29 70, Santiago de Compostela.
b) Data límite para efectuar esta solicitude: 20 de xuño de 1995.
6. a) Data límite de recepción das ofertas: 27 de xuño de 1995.
b) Enderezo ó que deben dirixirse: rexistro xeral da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, Dirección Xeral de Organización Sanitaria. Edificios administrativos, San Caetano, Santiago de Compostela.
c) Lingua ou linguas nas que deben redactarse: castelán ou galego.
7. a) Persoas admitidas a asistir á apertura das ofertas: apertura en acto público.
b) Data, hora e lugar da dita apertura: sala de xuntas da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais ás 10 horas do 10 de xullo de 1995.
8. Fianzas e garantías esixidas: fianza provisional, 2% do orzamento de licitación (779.520 ptas.).
9. Modalidades esenciais do financiamento e pagamento ou referenciais ós textos que as regulan: aboar en conta.
10. Forma xurídica que deberá adopta-la agrupación de provedores: unión temporal de empresas.
11. Informacións e formalidades necesarias para a avaliación das condicións mínimas de carácter económico e técnico que deberá reuni-lo provedor: ver prego de cláusulas administrativas particulares.
12. Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: tres meses desde a data de apertura das proposicións económicas.
13. Criterios que se seguirán para adxudica-lo contrato: ver prego de cláusulas administrativas, punto 10.
14. Outras informacións: no enderezo e servicio indicados no punto 5.
15. Data de envío do anuncio á Oficina das Publicacións Oficiais das Comunidades Europeas: 16 de maio de 1995.
16. Anuncios: o importe do anuncio da presente resolución na prensa e nos boletíns oficiais correrá por conta do adxudicatario.
Santiago de Compostela, 9 de maio de 1995.
Antonio Carbajo Romero
Director xeral de Recursos Económicos