Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 101 Luns, 29 de maio de 1995 Páx. 3.956

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

CORRECCIÓN de erros.-Orde do 16 de febreiro de 1995 sobre a implantación anticipada do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia.

Advertidos erros na devandita orde publicada no DOG nº 60, do luns, 27 de marzo, cómpre face-las oportunas correccións:

-Artigo 11. Itinerarios formativos.

Onde di: «segundo o modelo», que se establece no anexo II, debe dicir: «respectando a estructura e organización» que se establece no anexo II.

-Anexo I. Cadro horario.

Na primeira fila da columna materias comúns de 2º, onde di: «Historia de España», debe dicir: «Historia».

Na segunda fila da columna horas de 2º, onde di: «16», debe dicir: «12».

-Anexo II Modalidades do bacharelato.

Na segunda fila optativas de 2º curso da columna Humanidades e Ciencias Sociais, opción A, onde di: «Literatura galega», debe dicir: «Literatura galega do s. XX», e débese engadir: «Introducción ás CC. políticas e socioloxía».

Na segunda fila optativas de 2º curso da columna Humanidades e Ciencias Sociais, opción B, débese engadir: «Literatura galega do s. XX» e «Literarutas hispánicas».