Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 101 Luns, 29 de maio de 1995 Páx. 3.956

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 5 de maio de 1995, da Secretaría Xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, pola que se dispón a publicación da parte dispositiva da Orde do 3 de iguais mes e ano pola que se outorga aprobación definitiva ó proxecto do plan especial de reforma interior nunha parcela sita entre as rúas Valle Inclán, Virrey Osorio e Avda. de Calvo Sotelo na Coruña (A Coruña), promovido pola Compañía de María.

O conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, o día 3 de maio de 1995, dictou a orde que na súa parte dispositiva literalmente di:

«Resolvo: de conformidade co disposto no artigo 132 do Regulamento de planeamento urbanístico, e aceptando e dando por integramente reproducido o informe do Pleno da Comisión Superior de Urbanismo de Galicia do 17 de marzo de 1995, outorga-la aprobación definitiva ó proxecto do plan especial de reforma interior nunha parcela sita entre as rúas Valle Inclán, Virrey Osorio e Avda. de Calvo Sotelo na Coruña (A Coruña), promovido pola Compañía de María, que fora aprobado provisionalmente polo Concello da Coruña na súa sesión do 17 de outubro de 1994, coa expresa puntualización de que a regulación das alturas debe quedar clarificada no sentido de non deixar fóra de ordenación as actuais edificacións do colexio existente na actualidade en terreos de propiedade da Compañía de María.

Notifíquese a presente orde e publíquese a súa parte dispositiva con expresión dos recursos legalmente procedentes».

O que se fai público para xeral coñecemento e para os efectos oportunos, advertíndose que contra a dita orde, que se transcribe definitiva en vía administrativa, cabe recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da súa notificación ou publicación lembrando que se debe comunicar previamente a esta consellería a devandita interposición conforme o artigo 110.3º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 5 de maio de 1995.

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda