Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 101 Luns, 29 de maio de 1995 Páx. 3.955

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 20 de abril de 1995, da Secretaría Xeral de Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, pola que se dispón a publicación da parte dispositiva da orde de iguais mes e ano pola que se lle outorga a aprobación definitiva ó proxecto de modificación puntual do Plan Xeral de Ordenación Urbana de Ourense nas zonas 7 e 8 do SU-27.

O conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, o día 20 de abril de 1995, dictou a orde que na súa parte dispositiva literalmente di:

RESOLVO:

De conformidade co disposto no artigo 132 do Regulamento de planeamento urbanístico, e aceptando e dando por integramente reproducido o informe do Pleno da Comisión Superior de Urbanismo

de Galicia do 17 de marzo de 1995, outorga-la aprobación definitiva ó proxecto de modificación puntual do Plan Xeral de Ordenación Urbana de Ourense nas zonas 7 e 8 do SU-27, que fora aprobado provisionalmente polo Concello de Ourense na súa sesión do 8 de setembro de 1994.

Notifíquese a presente resolución e publíquese a súa parte dispositiva con expresión dos recursos legalmente procedentes.

O que se fai público para xeral coñecemento e para os efectos oportunos, e advírtese que contra a dita orde, que se transcribe definitiva en vía administrativa, cabe recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da súa notificación ou publicación, lembrando que se debe comunicar previamente a esta consellería a devandita interposición conforme o artigo 110.3º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 20 de abril de 1995.

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda